Solapas principales

Comezan as sesións de ioga terapéutico ao aire libre

Jueves, 10 de junio de 2021

Coa volta do bo tempo, as clases de ioga terapéutico trasladaranse aos exteriores. Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, os luns e mércores no entorno da piscina municipal do Milladoiro e, os martes e xoves, nos xardíns do Pazo da Peregrina. Para anotarse debése enviar a ficha de inscrición ao correo electrónico promocióndasaude@concellodeames.gal ou chamando oa 649 450 264. A nova programación comezará o luns 14 de xuño no Milladoiro.

A Concellaría de Sanidade e Benestar Social, a través do programa Ames Saudable, adapta as actividades programadas para que sexa de maior desfrute. Nesta ocasións as clases de ioga terapéutico, que ata agora se realizaban nos interiores do Pazo da Peregrina e no pavillón de Bertamiráns, trasladaranse a espazos exteriores durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Deste xeito, o/as usuario/as poderán desfrutar do sol mentres realizan exercicio. Ademais, amplíase o aforo nas sesións, ata agora albergaban a 4 persoas en cada grupo, que, ao aire libre, poden acoller ata dez asistentes.

De 10.00 a 11.00 horas, as clases impartiranse os luns e mércores no entorno da piscina do Milladoiroa e, os martes e xoves, nos xardíns do Pazo da Peregrina. Cada asistinte deberá levar a súa propia esterilla.

A nova programación comezará o luns 14 de xuño no Milladoiro e rematará o xoves 16 de setembro en Bertamiráns.

Luísa Feijóo, concelleira de Benestar Social e Promoción da Saúde, asegurou que: “Na senda do que xa vimos traballando dende o Departamento de Promoción da Saúde a través da Escola Municipal de Saúde trasladamos a actividade de ioga terapéutico ao exterior. Esta actividade está enfocada ao benestar  traballando tanto a parte física como emocional. Pretendemos que estas actividades constitúan un motor de cambio concienciando os/as participantes de que son axentes activos á hora de tomar decisións sobre a súa saúde, da importancia que ten cada un para xerar saúde, centrándonos no desenvolvemento e adquisición de habilidades en grupo. Son  uns obradoiros motivadores e participativos e con un gran compoñente de grupo. Agradecemos a gran acollida que sempre teñen estes obradoiros , superando as 60 solicitudes”.

Ioga terapéutico

Multimedia

  • Ioga terapéutico