Solapas principales

Comeza a traballar a nova brigada Aprol Rural que reforza o traballo realizado a través do Plan de prevención de incendios forestais

Jueves, 23 de julio de 2020

Dende o pasado 3 de xullo o Concello de Ames conta cunha capataz e un peón que forman a nova brigada Aprol Rural. Trátase dun grupo de traballo que realizará traballos de acondicionamento de biomasa naquelas parcelas e camiños de propiedade municipal que o precisen. Co fin de rendibilizar o máximo os traballos de acondicionamento destes camiños, as actuacións abordaranse parroquia a parroquia, sendo as máis urxentes polo número de camiños en mal estado as de Agrón, Trasmonte e Ames, supoñendo unha superficie de actuación de 9,5 hectáreas. O persoal des dita brigada estará contratado ata o 2 de abril de 2021, durante noves meses, e contan co material necesario para desenvolver ditos traballos.

A través do programa de fomento do emprego no medio rural (Aprol rural), o Concello de Ames, a través da Concellaría d Medio Ambiente, trata de artellar os instrumentos que dende o ámbito local favorezan a protección para os asentamentos de poboación fronte a lumes forestais, mediante unha adecuada xestión de biomasa e actividades silvícolas encamiñadas a tal fin. Ademais, preténdese obxectivos específicos como son adecuar as vías, camiños, parcelas forestais de propiedade municipal e naquelas nas adheridas ao Plan municipal de prevención de incendios, mediante a plantación de frondosas caducifolias en faixas secundarias de xestión de biomasa.

Fronte aos lumes forestais as actuacións do Concello de Ames van encamiñadas a potenciar tres eixos: información (a través de Bandos municipais, reunións veciñais, información publicada na paxina web e emitida na radio municipal, o Concello informa anualmente aos veciños/as propietarios/as de fincas forestais da obriga de mantelas xestionadas conforme a lei); traballos de prevención (definindo os Plans municipais de defensa contra incendios forestais e a través dun Plan de prevención de incendios forestais); e labores de recuperación co plan de plantacións co que se repoboa as fincas taladas por obriga legal o que supón unha recuperación de material vexetal).

O concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Rural, Manuel Lens, indica que “o Concello cumpra coa obriga de manter limpos os camiños do monte, comezando por aqueles que según criterios técnicos son os prioritarios a hora de conter ou evitar a propagación do lume ou facilitar unha posible evacuación”.

Traballos realizados a través da convocatoria Aprol
No ano 2018 mediante a concesión desta axuda realizouse a revisión das faixas secundarias en entorno a núcleos de poboación e vivendas ou instalacións illadas. Procedeuse á adecuación das mesmas aos cambio sufridos na lei de incendios forestais e tamén aos cambios físicos da interface rural forestal.

Posteriormente, no ano 2019, o Concello de Ames concorre de novo a convocatoria Aprol Rural 2019, e dáselle continuidade as actuacións da anterior convocatoria, co proxecto de xeorefenciar a rede de camiños forestais outorgándolle unha categoría de necesidade de acondicionamento, de xeito que se estableceu un Plan de mantemento das faixas laterais das redes viarias (camiños) da súa titularidade.

Traballos de acondicionamento de biomasa
Unha vez revisadas e actualizadas as faixas e revisados e xeorefenciados os camiños é tempo de realizar os traballos de acondicionamento de biomasa naquelas parcelas e camiños de propiedade municipal que o precisen.

O concello conta cun total de 446 camiños de a pé que supoñen 108.498 metros de lonxitude e unha superficie aproximada de 27 hectáreas. En 253 destes camiños determinouse a necesidade de actuación con máis ou menos urxencia dependendo de que o seu estado de mantemento supoña un risco moderado, medio o alto no caso de declararse un incendio forestal.

Co fin de rendibilizar o máximo os traballos de acondicionamento destes camiños, as actuacións abordaranse parroquia a parroquia, sendo as máis urxentes polo número de camiños en mal estado as de Agrón, Trasmonte e Ames, supoñendo unha superficie de actuación de 9,5 hectáreas, correspondendo a estas a actual solicitude de subvención.

Outra das labores que realizarán as persoas contratadas ao abeiro desta axuda serás as relacionadas co mantemento e revisión das plantacións de frondosas caducifolias realizadas en faixas secundarios como medida de prevención de lumes forestais.

A nova brigada Aprol Rural que reforza o traballo realizado a través do Plan de prevención de incendios forestais

Multimedia

  • A nova brigada Aprol Rural que reforza o traballo realizado a través do Plan de prevención de incendios forestais
  • A nova brigada Aprol Rural que reforza o traballo realizado a través do Plan de prevención de incendios forestais