Solapas principales

Chega a Bertamiráns a obra do grupo municipal de teatro, “Non podo máis!”

Viernes, 09 de junio de 2023

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns vai acoller o vindeiro domingo, 18 de xuño, a representación de “Non podo máis!”, do grupo municipal de teatro de Ames. A obra, que xa foi estreada onte no Milladoiro, esgotando todos os convites, é unha comedia irreverente sobre os aspectos da vida que conseguen descolocarnos e sacarnos dos nosos cabais. Será a partir das 18:00 horas. As entradas, que son de balde, xa se poden retirar na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

En “Non podo máis!”, o grupo pon sobre o escenario situacións recoñecibles, do día a día, onde a paciencia dos protagonistas será posta a proba. Como reaccionas cando alguén se cola diante de ti no supermercado? Ou que fas cando a túa filla adolescente se rebela e quere saír de botellón? Que camiño tomas cando vas a ese restaurante tan caro que che recomendaron e só che serven un prato baleiro chamado aroma de cocido?

A obra é unha escolma de escenas seleccionadas e creadas baixo esta premisa para conseguir así a complicidade e o sorriso dun público que ben se podería sentir identificado en moitas delas.

O elenco está conformado por Carmela Pardal, Chelo Cajide, Cris Botrán, Emilia Mayo, Gene Martínez, Ilduara García, Maite Fajardo, Mirela González, Mirella Vázquez e Pablo Núñez.

A primeira representación tivo lugar onte, 8 de xuño, na Casa da Cultura do Milladoiro. A estrea foi “un éxito” e “o público saíu moi satisfeito e contento”, como se indica dende o departamento de Cultura do Concello. O segundo pase da obra será na Casa da Cultura de Bertamiráns, o domingo 18 de xuño, ás 18.00 horas. As persoas interesadas en asistir xa poden retirar o seu convite, que é de balde, a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Imaxe do grupo municipal de teatro, saudando aos espectadores

Multimedia

  • Chega a Bertamiráns a obra do grupo municipal de teatro, “Non podo máis!”