Solapas principales

Chega a Ames “Amigo, dáte conta”, a exposición para concienciar á xuventude para a loita contra o machismo

Jueves, 01 de febrero de 2024

O concello de Ames é a nova parada da exposición “Amigo, dáte conta”, estreada o pasado día 10 de novembro como parte do programa de actos que a Delegación do Goberno levou a cabo con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero. Esta exposición presenta a través de carteis informativos e viñetas actitudes relacionadas coa violencia machista, fundamentalmente no ámbito da parella, para concienciar á poboación máis nova.

O alcalde, Blas García, recordou a ameaza que supoñen as actitudes que negan a violencia de xénero e destacou a importancia de que unha exposición destas características chegue ao concello máis novo de Galicia. “Os valores que inculquemos hoxe serán os que predominen no Ames do futuro e eu quero un Ames igualitario e libre de violencia de xénero”.

Ademais, durante a visita á exposición, Blas García agradeceu á Delegación do Goberno que teña en conta o Concello de Ames para ter aquí esta exposición itinerante. “Pola nosa parte queda convidar ao alumnado dos institutos e do último ciclo de primaria a que visiten esta exposición, incluso para facer unha xornada de concienciación e divulgación para atacar este problema dende a base”.

Uxía García, concelleira de Benestar Social e Igualdade, explicou que “o Concello de Ames terá sempre as portas abertas a iniciativas deste tipo” e agradeceu á Delegación do Goberno a súa implicación en materia de loita contra a violencia de xénero con campañas deste tipo.

O Delegado do Goberno, Pedro Blanco, expuxo no acto de inauguración que “no Goberno temos moi claro que non imos parar ata alcanzar unha sociedade igualitaria, inclusiva e xusta. E esta exposición responde a este obxectivo. Erradicar a violencia de xénero é tarefa de todos e todas, pero é máis importante aínda fomentalo nos grupos de idade máis novos, porque son os que están a construír a sociedade do futuro. Ames é un exemplo de como se debe traballar en igualdade e na loita contra a violencia de xénero, e tamén en protección das vítimas”.

A exposición pode visitarse todo o mes de febreiro
Esta iniciativa do Goberno de España estará durante todo o mes de febreiro na praza da Maía, en Bertamiráns, e consta de seis prismas que recrean conversas cotiás a través dunha linguaxe máis próxima á xuventude, con carteis informativos e viñetas que reflicten actitudes e realidades de violencias machistas, en especial no ámbito da parella.

Nos debuxos reflíctense situacións e comportamentos de desprezo, machismo, violencia psicolóxica, abuso emocional e obsesión. Ademais das viñetas, na exposición pódense ler varias frases con datos sobre violencias procedentes do estudo “La situación de la violencia contra las mujeres en la adolescencia en España”, realizado polo Ministerio de Igualdade sobre unha mostra de máis de 13.000 persoas de 14 a 20 anos.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Llega al corazón de A Maía la exposición que conciencia y previene la violencia de género"

Ames Go: "Unha exposición para concienciar á mocidade contra a violencia machista"

Chega a Ames “Amigo, dáte conta”, a exposición para concienciar á xuventude para a loita contra o machismo

Multimedia

  • Chega a Ames “Amigo, dáte conta”, a exposición para concienciar á xuventude para a loita contra o machismo