Solapas principales

Celebrada a primeira etapa da peregrinación da parroquia de Ortoño pola ruta “Ría de Muros-Noia”

Miércoles, 26 de enero de 2022

O pasado sábado 22 de xaneiro arredor de 120 veciños e veciñas de Ortoño, Covas, Trasmonte e do concello de Brión participaron na primeira etapa da ruta “Ría de Muros-Noia”. A andaina de peregrinación foi organizada pola parroquia de Ortoño, coa colaboración da Concellaría de Turismo. As persoas participantes percorreron uns once quilómetros dende a igrexa da Virxe do Camiño, en Muros, ata Santiago de Tal.

Algo máis de 120 persoas gozaron dunha xornada de sábado soleada pola ruta entre Muros e Noia, recoñecido como un dos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela. A andaina comezou en Muros, coa recepción da alcaldesa, Inés Monteagudo, e de Montse París, representante da Asociación Cultural Auga e Sal, que expuxo aos visitantes a historia da igrexa da Virxe do Camiño.

O percorrido, duns 11 quilómetros ata chegar a Santiago de Tal, encaixou na primeira das seis etapas nas que a parroquia de Ortoño dividirá a peregrinación pola ruta. A andaina estaba orixinalmente programada para o pasado 6 de decembro, máis as malas condicións meteorolóxicas impediron a saída. As seguintes etapas realizaranse o 27 de febreiro, o 2 e o 9 de abril, o 21 de maio e o 11 de xuño de 2022.

O concelleiro de Turismo Manuel Lens, que asistiu á andaina, puxo en valor o camiño da Ría de Muros e de Noia, unha ruta xacobea que transcorre polo concello amesán. “Foi unha xornada fantástica, na que o tempo nos acompañou e na que puidemos gozar da paisaxe que este fermoso Camiño nos ofrece. Ademais, contamos co apoio de Protección Civil e da Policía Local de Muros, que estiveron moi atentos para evitar contratempos nas diferentes ocasións que tivemos que cruzar a estrada Santiago-Muros”.

Celebrada a primeira etapa da peregrinación da parroquia de Ortoño pola ruta “Ría de Muros-Noia”

Multimedia

  • Celebrada a primeira etapa da peregrinación da parroquia de Ortoño pola ruta “Ría de Muros-Noia”
  • Celebrada a primeira etapa da peregrinación da parroquia de Ortoño pola ruta “Ría de Muros-Noia”
  • Celebrada a primeira etapa da peregrinación da parroquia de Ortoño pola ruta “Ría de Muros-Noia”