Solapas principales

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle un concerto de música clásica o vindeiro 6 de abril

Jueves, 28 de marzo de 2024

O vindeiro sábado, 6 de abril, ás 19:00 horas, terá lugar no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro o concerto de música clásica “En clave clásica”. A velada contará coa interpretación e dirección dos artistas do Centro Superior de Música de Galicia, tutelados polo mestre Boris Perrenoud, director da Wiener Musikakademie. Os convites poden retirarse a través da Billeteira electrónica.

O Concello de Ames, a través da Escola Municipal de Música, organiza un novo concerto na Casa da Cultura do Milladoiro. Terá lugar o sábado 6 de abril, ás 19:00 horas, e nel interpretaranse tres pezas: a obertura das “Bodas de Fígaro” KV. 492 de Mozart, o concerto nº1 en re menor de Lebrun e a sinfonía incompleta 8D.759 de Schubert. Os convites poden retirarse a través da Billeteira electrónica.

O alcalde de Ames e concelleiro de Cultura, Blas García, explica que “se está tratando de potenciar e ofertar actividades doutras disciplinas como é a música clásica. Estamos tratando de programar novas actividades e abrindo o abanico de actividades culturais que ofrecemos dentro da programación municipal. Neste caso imos a organizar un concerto de música clásica, pero nos próximo meses tamén poderemos desfrutar de espectáculos de danza”.

Nesta ocasión acollerá a actuación dos músicos do Centro Superior de Música de Galicia, tutelados polo director da Wiener Musikakademie, Boris Perrenoud. Ademais, actuará como óboe solista o músico José Ignacio García González.

O mestre Boris Perrenoud dirixe regularmente o prestixioso Concerto de Noitevella da Orquestra Filharmónica de Praga. Ademais, é o director da Wiener Musikakademie e do Concursos Internacional de Música, que recruta aos mellores artistas novos de todo o mundo en Viena, Nova York e Seúl. Tamén produce vídeos de música clásica no Berlin Konzerthaus, no Rudolfinum de Praga e na Opera Royal de Oman, en Dubai.

Pola súa banda, José Ignacio García González fundou diversas asociacións e formacións como a Orquestra Filharmónica “Cidade de Pontevedra” ou o grupo de música de cámara “Camerata Arven”, así como a asociación de fagotistas e oboístas de Galicia (AFOGAL). Así mesmo, este músico valenciano pertence á escala de suboficiais do corpo de músicas militares, e desde o ano 2003 é óboe solista da Unidade de Música da Escola Naval Militar.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle un concerto de música clásica o vindeiro 6 de abril

Multimedia

  • A Casa da Cultura do Milladoiro acolle un concerto de música clásica o vindeiro 6 de abril