Solapas principales

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle a exposición de fotografías da campaña “Ilumina o teu sorriso”

Martes, 03 de marzo de 2020

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, acaba de expoñer na Casa da Cultura do Milladoiro unha selección de fotografías que se presentaron á campaña “Ilumina o teu sorriso”, organizada dentro da programación de Nadal de 2019 polas asociacións de comerciantes e empresarios Palmira Bulebar, a Asociación de Pequenos Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames. Dita mostra, que está composta por arredor de 40 fotografías, estará exposta no Milladoiro ata o 15 de marzo. Despois trasladarase á Casa da Cultura de Bertamiráns do 17 ao 31 de marzo.

O Concello de Ames e mailas asociación de comerciantes e empresarios do municipio puxeron en marcha durante o pasado mes de decembro unha nova iniciativa denomina “Ilumina o teu sorriso” para promocionar o comercio local. Tratouse dun concurso de fotografía no que había que facer catro fotos en diferentes lugares de Bertamiráns e do Milladoiro. Entre os participantes sorteouse un teléfono móbil de última xeración doado pola Clínica Dental Lindo Dente. Ana Freire Mato, que participaba co número 04, foi a gañadora do teléfono móbil Galaxy Note 10.

O obxectivo foi conseguir que a veciñanza de Bertamiráns se desprazase ao Milladoiro e viceversa, para fomentar as actividades de Nadal na rúa ao tempo que se mercaba nos establecementos comercias amesáns.

Para participar no concurso había que sacar unha foto en catro lugares do concello: na árbore de Nadal que se encontraba na praza do Concello, no motivo luminoso co número 2020 que estaba na praza da Maía; nas pérgolas iluminadas que estaban na praza de Manuel Murguía e na bola xigante que estaba situada na praza da Madalena do Milladoiro. Todas as fotos enviadas foron colgadas na canle de Instagram @amesnarua co hashtag #iluminaoteusorriso19.

Ademais, unha selección destas fotos poden verse agora a través dunha exposición de 10 paneis que recollen arredor de 40 fotografías. Dita mostra estará exposta no Milladoiro ata o 15 de marzo. Despois trasladarase á Casa da Cultura de Bertamiráns do 17 ao 31 de marzo.

A concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, explica que “a campaña Ilumina o teu sorriso tivo moi boa resposta por parte da veciñanza de Ames e presentáronse moitas fotografías ao concurso, que agora poderanse ver nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns. Houbo unha única gañadora do concurso, pero a través desta mostra fotográfica trátase de premiar tamén a todas aquelas persoas que participaron nesta iniciativa, mostrando o seu traballo en dita exposición”.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle a exposición de fotografías da campaña “Ilumina o teu sorriso”

Multimedia

  • A Casa da Cultura do Milladoiro acolle a exposición de fotografías da campaña “Ilumina o teu sorriso”
  • A Casa da Cultura do Milladoiro acolle a exposición de fotografías da campaña “Ilumina o teu sorriso”
  • A Casa da Cultura do Milladoiro acolle a exposición de fotografías da campaña “Ilumina o teu sorriso”
  • A Casa da Cultura do Milladoiro acolle a exposición de fotografías da campaña “Ilumina o teu sorriso”
  • A Casa da Cultura do Milladoiro acolle a exposición de fotografías da campaña “Ilumina o teu sorriso”