Solapas principales

A canle de YouTube da Aula CeMIT de Ames acada 5.900 visualizacións nos últimos meses

Viernes, 15 de enero de 2021

Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames, conta coa moi boa acollida por parte da veciñanza amesá. O curso infantil de Scratch foi a última actividade programada que se realizou durante o Nadal. Neste obradoiro online participaron 40 persoas. Ademais, o pasado 2020 a Aula Cemit abriu unha canle en YouTube, canle que conta con 139 subscritores (90 subscritores novos); 112 directos; 5.900 visualizacións (media de 52 por vídeo); e 2.100 horas de vídeo visualizadas (media de 19 por vídeo).

O 2020 foi un ano no que practicamente toda a programación da Aula CeMIT do Concello de Ames houbo que impartila de xeito telemático. A este novo modelo uniuse a Aula CeMIT do Concello de Ames, que adaptou as súas actividades ao modelo virtual. Non obstante, lonxe de prexudicar, acadáronse unhas cifras de participación e interacción coa veciñanza moi altas.

Nos dous obradoiros infantís de Scratch participaron 40 persoas. Esta cifra mostra a boa acollida que tiveron estes cursos virtuais que se impartiron durante o Nadal.

Ademais, este Aula formativa creou o ano pasado a súa propia canle de YouTube, a través da cal seguiu organizando cursos e contido de interese en relación á formación que se viña prestando de xeito presencial.

A Aula CeMIT emitiu 112 vídeos en directo, de unha ou dúas horas cada un e conseguiu 5.900 visualizacións, cunha media de 52 por vídeo. Os veciños e veciñas de Ames estiveron 2.100 horas visualizando os vídeos publicados, 19 horas de media por vídeo. En total, a canle de YouTube da Aula Cemit conta 139 subscritores, dos cales 90 foron novos subscritores.

A Aula CeMIT ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que oferta, ademais dispón dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores.

Horario de Aula Aberta
O horario de Aula Aberta é de luns a venres, de 9.30 a 13.30 horas. Para poder empregar os ordenadores durante a Aula Aberta hai que respectar as seguintes medidas de hixiene:

-Limpeza de mans antes de empregar calquera equipo.
-Uso obrigatorio de máscara hixiénica.
-Manter a distancia de seguridade de metro e medio.

Os 8 equipos dispoñibles están numerados e as súas distancias acotadas, polo que é moi importante respectar as medidas en todo momento. Entre cada uso o responsable da aula fará a desinfección correspondente para garantir a seguridade dos seguintes usuarios.

A Aula CeMIT está situada no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns, na praza de Chavián, cun horario de  luns a venres, de 9.00 a 13.00 horas.

Aula CeMIT.