Solapas principales

A campaña do Concello de Ames e Espina y Delfín para promover a factura electrónica consegue incrementar o seu uso nun 40%

Viernes, 08 de noviembre de 2019

O Concello de Ames e Espina & Delfín, empresa xestora do ciclo da auga, lanzaron a mediados de ano unha campaña para promover a facturación sen papel no servizo municipal de abastecemento e saneamento. O obxectivo era concienciar a todos os habitantes do municipio dos beneficios para o medio ambiente asociados ao sistema do recibo dixital. Os primeiros resultados da campaña falan dun incremento dos usuarios suscritos ao recibo electrónico do 40%, pasando de 896 a 1.255 persoas que xa non reciben nos seus fogares e negocios o seu correspondente sobre coa súa folla de gasto.

Ao comenzo da campaña, dos 17.643 abonados que ten o servizo de augas de Ames, só 896, un 5,1 % do total, eran usuarios da facturación electrónica. Isto implica un consumo anual conxunto de 787 quilos de papel, aproximadamente, un volume en cuxa produción, grosso modo, se consumen 255.000 litros de auga, se emiten 2,36 toneladas de dióxido de carbono e se talan 13 árbores. Coa posta en marcha desta acción conxunta entre o Concello de Ames e Espina&Delfín logrouse incrementar a cifra en 359 ususarios.

Para o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, é importante “seguir nesta liña e ir incrementando o número de usuarios que se pasan ao recibo electrónico, xa non so polo enorme beneficio medioambiental que supón, senón tamén polo aforro que ocasiona. É unha aposta moi importante que facemos desde o Concello de Ames conxuntamente coa empresa Espina & Delfín, coa que colaboramos xa noutras campañas de sensibilización, como pode ser a que fixemos sobre o mal uso das toalliñas”.

O paso á facturación dixital pode tramitarse de maneira sinxela accedendo á paxina web https://clientes.espinaydelfin.com e aportando aí unha serie de datos que figuran no último recibo en papel emitido. Unha vez que o usuario se dá de alta no sistema recibe unha clave e deixa de gastar papel. Pode entón empezar a consultar a través de Internet os seus consumos históricos e facturas, así como formular reclamacións ou suxestións e facer preguntas, todo sen necesidade de acudir en persoa a ningunha oficina de atención.

factura sen papel

Multimedia

  • factura sen papel cartaz