Solapas principales

As bibliotecas municipais de Ames teñen programado para este mes de outubro diversas sesións de contacontos e obradoiros infantís

Martes, 15 de octubre de 2019

As bibliotecas municipais de Ames continúan coa programación de actividades para este mes de outubro. Esta semana haberá dúas sesións de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Así,  o mércores 16 na biblioteca de Bertamiráns, e o xoves 17 na biblioteca do Milladoiro, os nenos e nenas poderán desfrutar dos Contos que veñen e van, con historias tradicionais e actuais onde as voces e os xestos de Pavís Pavós son os elementos principais para transmitilas. A sesións comezarán ás 17:30 horas. Esta mesma semana tamén se desenvolverá o obradoiro creativo: Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína.

As sesións de contacontos nas bibliotecas municipais xa comezaron os días 2 e 3 de outubro e continúan esta semana, o mércores 16 e mailo xoves 17, cos Contos que veñen e van, que son historias tradicionais e actuais onde as voces e os xestos de Pavís Pavós son os elementos principais para transmitilas. A sesións comezarán ás 17:30 horas nas dúas bibliotecas.  

Esta mesma semana desenvolverase un obradoiro creativo para nenos e nenas de 3º a 6º de primaria, baixo o título Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína. Será o veres 18 na biblioteca do Milladoiro, ás 17:00 horas, e o sábado 19 na biblioteca de Bertamiráns, ás 11:00 horas. Para participar desta actividade é necesario inscribirse. Os interesados e interesadas pódeno facer, ata hoxe 15 de outubro, nas bibliotecas municipais, nos teléfonos 981 530 807 e 981 884 829, ou no enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal. Hai 15 prazas dispoñibles.

A Biblioteca do Milladoiro acollerá o xoves 24 de outubro, unha nova sesión de contacontos ás 17:30 horas. Desta volta, chegan os Contos do dereito e do revés, unha actividade de dinamización lingüística e de sensibilización contra a violencia de xénero a través da narración de contos tradicionais e de obras de creación contemporánea. As sesións de contacontos do mes de outubro pecharanse coa actividade Diagnosticando a igualdade, que se desenvolverá o martes 29 na Biblioteca do Bertamiráns, e o mércores 30 na Biblioteca do Milladoiro. Ambas sesións serán tamén ás 17:30 horas.

Actividades no mes de novembro
As actividades das bibliotecas para o mes de novembro abriranse cunha nova sesión de contacontos, o mércores 13 na Biblioteca do Milladoiro e o xoves 14 na Biblioteca de Bertamiráns. Será coas Lembranzas da Carolina, un conto teatralizado coa compañía Menos dá unha pedra. Ambas sesións comezarán ás 17:30 horas.

Ademais, desenvolverase un obradoiro creativo para nenos e nenas de 3º a 6º de primaria, baixo o título Búscanse Valentes. Inspiración poética. Será o veres 22 na biblioteca do Milladoiro, ás 17:00 horas, e o sábado 23 na biblioteca de Bertamiráns, ás 11:00 horas. Para participar desta actividade é necesario inscribirse. Os interesados e interesadas poderano facer, do 4 ao 18 de novembro, nas bibliotecas municipais, nos teléfonos 981 530 807 e 981 884 829, ou no enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal. Hai 15 prazas dispoñibles.

Dúas novas sesións de contacontos, desta volta a través dos Contos sobre a igualdade por Ana Hermida, pecharán as actividades do mes de novembro. Contando en feminino desenvolverase o mércores 27 na Biblioteca do Milladoiro, e o xoves 28 na Biblioteca de Bertamiráns, no horario habitual das 17:30 horas.

Mes de decembro
Para o mes de decembro contémplase a realización de dúas novas sesión de contacontos para os nenos e nenas amesás. Antes das vacacións de Nadal, os os pequenos e pequenas poderán gozar do contacontos Parabéns para ti…, que se desenvolverá o mércores 11 na Biblioteca de Bertamiráns e o xoves 12 na Biblioteca do Milladoiro. Ambas sesións darán comezo ás 17:30 horas.

Bibliotecas municipais de Ames

Multimedia

  • Cartel coa programación das bibliotecas municipais de Ames