- Tematica
Cada vez son máis as persoas que buscan centros deportivos capaces de reunir nun mesmo espazo distintas formas de facer exercicio, coidar a saúde e manterse activas. Con esta realidade como punto de partida, BeOne Ames inicia a nova tempada cunha proposta deportiva que permite combinar adestramento de forza e cardio, actividades dirixidas e exercicio na auga.
Un dos principais espazos do centro é a súa sala fitness, distribuída en diferentes zonas de musculación, tonificación, adestramento funcional, estiramentos e exercicio cardiovascular. Esta variedade permite adaptar o adestramento tanto a persoas que comezan a facer exercicio como a usuarios con maior experiencia e obxectivos máis específicos.
Dentro desta oferta, o adestramento de forza ten un papel cada vez máis relevante. Combinar o traballo muscular co exercicio cardiovascular, a mobilidade e o adestramento funcional permite desenvolver unha actividade física máis completa e adaptala progresivamente ás necesidades de cada persoa.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, incide “na necesidade de practicar deporte, xa que é beneficioso tanto a nivel físico coma mental. A campaña posta en marcha agora en setembro pola empresa BeOne, no centro deportivo de A Telleira, é unha boa forma de animar á veciñanza a comezar ou retomar a práctica deportiva tras a pausa e descanso do verán. Coa iniciativa, non só se incentiva e anima a comezar coa actividade física, senón que motiva os obxectivos tan diversos que se poden chegar a lograr coa práctica deportiva a curto e longo prazo”.
Moito máis que unha sala fitness
BeOne Ames dispón tamén dunha piscina climatizada destinada ao nado e a diferentes actividades acuáticas, ademais de cursos de natación para nenos e adultos. A instalación conta tamén con sauna como espazo de benestar e recuperación despois do exercicio.
As actividades dirixidas constitúen outro dos piares do centro. BeOne A Telleira ofrece máis de 80 sesións dirixidas á semana, con espazos específicos para ciclo indoor e actividades de tonificación e coreográficas. A súa programación inclúe propostas como pilates, ioga, zumba, bike, Global Work e actividades acuáticas como Pool Salus.
A oferta complétase con servizos como asesoría deportiva, adestramento persoal, actividades infantís e sala de xogos, ampliando as posibilidades para diferentes perfís e idades.
Setembro, a oportunidade para probar BeOne Ames con promoción incluída
Javier Magariños, director de BeOne Ames, destaca que “cada persoa entende o deporte dunha maneira diferente. Hai quen busca mellorar a súa condición física ou adestrar forza, quen prefire facelo na auga, quen goza das actividades dirixidas ou quen quere combinar distintas formas de exercicio. O noso obxectivo é que cada persoa poida atopar diferentes alternativas nun mesmo centro e adaptar o seu adestramento ás súas necesidades e obxectivos. Para coñecer as nosas instalacións, este mes dispoñemos dunha proba gratuíta de 3 días e, se a persoa interesada se inscribe, a matrícula é gratis”.
Toda a información sobre a campaña e as condicións da promoción está dispoñible en www.beone.es/promociones/ames/.





