- Tematica
O Concello de Ames informa de que Beatriz Martínez Domínguez asumirá as áreas de Educación, Mocidade e Mobilidade, tras a recente renuncia da concelleira Carmen Porto Rey, que deixa a súa acta por motivos persoais. A toma de posesión de Martínez está prevista para o vindeiro pleno ordinario, que se celebrará o xoves 27 de novembro.
Beatriz Martínez, con formación en Empresariais, xestionou durante sete anos un centro de estudos en Ourense. Ademais, foi presidenta da ANPA do IES do Milladoiro entre 2016 e 2019 e concelleira de goberno no mandato 2019–2023, xestionando as áreas de Mobilidade, Tráfico e Transporte. Actualmente desempeña tarefas administrativas no Gabinete de Alcaldía do Concello de Ames.
Con esta incorporación, Martínez asumirá as áreas de Educación, Mocidade e Mobilidade, esta última xa coñecida para ela pola súa experiencia no mandato anterior. Pola súa banda, o edil Víctor Manuel Fernández Prieto continuará á fronte das áreas de Urbanismo, Administración Xeral, Persoal e Seguridade.
A nova concelleira conta cunha ampla experiencia na administración local, desenvolvendo toda a súa carreira profesional no Concello de Ames, o que garante continuidade e solvencia na xestión municipal.
A xa ex-concelleira, Carmen Porto Rey, despedirase no vindeiro pleno e explicou que deixa o cargo por “motivos estritamente persoais que me impiden seguir desenvolvendo a miña labor coa dedicación que este posto require”.
Desde o Goberno municipal queren poñer en valor o traballo realizado por Carmen Porto e desexarlle o mellor nesta nova etapa. O alcalde, Blas García, agradeceu “a dedicación e perseveranza demostrada á fronte das áreas que xestionou, sacando adiante reformas de gran calado”.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Carmen Porto renuncia al cargo de edila de Educación de Ames y deja el acta"
El Correo Gallego: "Porto renuncia a Educación en Ames por motivos personales tras un convulso mandato"
Lindeiros: "A concelleira de educación de Ames, Carmen Porto, abandona a corporación"
Xornal de Compostela: "Beatriz Martínez asumirá as áreas de Educación, Mocidade e Mobilidade no Concello de Ames logo da renuncia de Carmen Porto"







