Solapas principales

A Banda da Loba tocará este xoves, 27 de maio, en Bertamiráns

Martes, 25 de mayo de 2021

A Banda da Loba dará un concerto que completa a programación do mes das Letras Galegas en Ames. O espectáculo de música “Fábrica de Luz” é un homenaxe a Xela Arias, escritora á que se adica o Día das Letras Galegas deste ano. A actuación, de balde, será na praza de Chavián, en Bertamiráns, este xoves 27 de maio ás 21.00 horas.

Ames conmemorou durante todo o mes de maio o Día das letras Galegas con exposicións obradoiros e presentacións de libros. Non obstante, non podía faltar a música nesta celebración. Por este motivo, a Concellaría de Cultura organizou un concerto da Banda da Loba, que terá lugar este xoves, 27 de maio, ás 21.00 horas, na praza de Chavián, en Bertamiráns.

Este grupo, formado por cinco mulleres, presentará a “Fábrica de luz”, un traballo de creación, reflexión e homenaxe a Xela Arias, escritora á quen se lle adica o Día das Letras Galegas 2021.

Andrea Porto, Estela Rodríguez, Inés Mirás, Marcela Porto e Xiana Lastra, mestura rock e folk nas súas cancións. En 2017 publicaron o seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”, polo que recibiron o Premio aRitmar 2018 á mellor canción en lingua galega. Tras máis de 70 concertos dentro e fóra de Galicia, A Banda da Loba tocará en Bertamiráns este xoves 27 de maio.

A concelleira de Cultura, Natividade González, destaca que “con este concerto poñemos o punto e final á programación das Letras Galegas. Non podía faltar a música e quixemos pechar a programación cun concerto de rock e folk en galego”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A Banda da Loba ofrece una actuación gratuita y en directo este jueves en la Praza de Chavián"

A Banda da Loba

Multimedia

  • A Banda da Loba