Solapas principales

Avanzan as obras de creación dun carreiro escolar que conectará O Milladoiro co CEP de Ventín

Miércoles, 15 de febrero de 2023

Avanzan a bo ritmo as obras para a execución dun carreiro escolar no Milladoiro, que conectará esta localidade co CEP de Ventín. Este proxecto foi adxudicado á empresa SYR-AMG SL por un importe de 210.080,80 euros (IVA incluído). Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. O obxectivo é crear carreiros escolares seguros dentro do entorno urbano do Milladoiro e Bertamiráns para mellorar a seguridade peonil.

O Concello de Ames está inmerso no desenvolvemento das actuacións recollidas na EDUSI Impulsa Ames. Neste senso avánzase na execución do proxecto de creación dun carreiro escolar que conecte o núcleo urbano do Milladoiro co CEP de Ventín. Este proxecto foi adxudicado á empresa SYR-AMG SL por un importe de 210.080,80 euros (IVA incluído). Ao mesmo tempo tamén se está construíndo un carreiro escolar na localidade de Bertamiráns. Neste caso o proxecto foi adxudicado á empresa Excavaciones y Transportes Ivanca SL por importe de 192.679,66 euros (IVA incluído).

Esta mañá o alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García; a concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez; a técnica da EDUSI Impulsa Ames, Clara García; o encargado da Brigada municipal de Obras, Juan Calvo; e José Antonio Gómez Rodríguez, en representación da empresa SYR-AMG SL, adxudicataria de executar o proxecto, visitaron o lugar de Ventín para ver o estado de ditas obras.

Entre os resultados esperados que se pretenden alcanzar coa esta actuación cómpre salientar o impulso e mellora da mobilidade sostible, a mellora da conexión entre as zonas escolares e os centros urbanos e maila mellora da accesibilidade. Tamén se pretende reducir o uso do vehículo particular, contribuír á igualdade de oportunidades, mellorar o medio urbano na súa dimensión ambiental, paisaxística e urbanística, co consecuente impacto no benestar da poboación, a promoción da cohesión social e territorial e a competitividade, e maila mellora do estado do chan urbano, recuperándoo para usos públicos amables co medio natural.

A concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, explica que “co obxectivo de resolver o acceso de nenos/nenas e pais/nais aos centros educativos de infantil e primaria e aos institutos de educación secundaria de ambas as localidades e garantir tránsitos peonís seguros e adaptados, dende o Concello de Ames decidiuse crear estes carreiros de acceso aos colexios do municipio que funcionarán tamén como sendas verdes de carácter máis recreativo e estarán ao dispor da cidadanía en xeral”.

O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, destacou que as obras están a seguir os prazos programados. “As obras do carreiro escolar do Milladoiro avanzan a bo ritmo. Esta é unha senda peonil moi demanda pola comunidade educativa do Milladoiro e mellorará de xeito moi importante a seguridade no acceso ao CEP de Ventín, para que o alumnado poida ir andando dende O Milladoiro ata este centro educativo”.

Carreiro escolar do Milladoiro
A senda escolar prevista para o acceso ao CEP de Ventín dende a zona oeste do Milladoiro terá un trazado eminentemente rural e está divida en tres treitos. O primeiro tramo parte dende a rúa do Buxo. É un camiño de terra que haberá que acondicionalo. Para iso vaise facer un pequeno desmonte e de seguido aplicarase zahorra e 10 centímetros de chan estabilizado con cemento para dotalo dun firme antideslizante.

Na intersección deste camiño acondicionado coa estrada á aldea de Ventín poñerase un paso de peóns para cruzar pola marxe esquerda da devandita calzada para continuar coa senda. Neste segundo tramo prevese que a senda discorra polo carril esquerdo anulado e quedando o carril dereito activo para vehículos en sentido Ventín coa particularidade de quedar ese viario con velocidade 20 km/h de servizo ás naves comerciais dos arredores. Deste xeito, executarase un carreiro de tres metros de ancho que disporá dun borde de separación co carril de circulación de vehículos. Neste segundo tramo tamén se contempla a colocación de luminarias.

Ao final do tramo en asfalto comentado, este conéctase cun viario de acceso á aldea de Coira e un camiño en terra que chega á porta do CEP de Ventín, polo que ese camiño constituirá o terceiro e último tramo de acondicionamento da senda. Ao igual que no primeiro treito farase un pequeno desmonte e aplicarase zahorra e chan estabilizado con cemento para dotar a este tramo dun firme antideslizante.

Novas relacionadas:

Enfoques: "Avanzan las obras de la senda escolar entre O Milladoiro y el CEP de Ventín"

AMS GO!: "Avanzan as obras do carreiro escolar do CEP de Ventín"

Avanzan as obras de creación dun carreiro escolar que conectará O Milladoiro co CEP de Ventín

Multimedia

  • Avanzan as obras de creación dun carreiro escolar que conectará O Milladoiro co CEP de Ventín
  • Avanzan as obras de creación dun carreiro escolar que conectará O Milladoiro co CEP de Ventín
  • Avanzan as obras de creación dun carreiro escolar que conectará O Milladoiro co CEP de Ventín
  • Avanzan as obras de creación dun carreiro escolar que conectará O Milladoiro co CEP de Ventín
  • Avanzan as obras de creación dun carreiro escolar que conectará O Milladoiro co CEP de Ventín
  • Avanzan as obras de creación dun carreiro escolar que conectará O Milladoiro co CEP de Ventín
  • Avanzan as obras de creación dun carreiro escolar que conectará O Milladoiro co CEP de Ventín