Solapas principales

A Aula Informática do Milladoiro ten programadas novas actividades de xaneiro a marzo

Viernes, 10 de enero de 2020

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para participar nalgunha das xornadas do programa de informática da Aula Municipal do Milladoiro nos meses de xaneiro a marzo. Nestes meses, desenvolverase unha sesión de iniciación ao procesador de textos, descubrir o entroido na rede e un obradoiro de mecanografía. As inscricións están abertas ata cubrir prazas.

O programa de informática da Aula Municipal do Milladoiro arranca con un curso de iniciación ao procesador de textos. Desenvolverase do 27 ao 30 de xaneiro en horario de mañá ou de tarde, e está destinado a persoas maiores de 18 anos que se encontren interesados en aprender a manexar o Writer de maneira básica. Para ter máis información sobre cada unha das xornadas, consulta os anexos a esta nova.

Xa durante o mes de febreiro o protagonista será o entroido, cun curso destinado a nenos e nenas de 9 a 12 anos interesados en aprender a buscar información en Internet relacionada coa celebración do entroido no noso país. Ademais, realizarán un pequeno traballo para aprender as nocións básicas dun procesador de textos. Desenvolverase os martes e xoves dende o día 11 ao 20 e horario de mañá.

Para rematar coas actividades, en marzo terá lugar un obradoiro de mecanografía para maiores de 16 anos, os luns e mércores dende o día 9 ao 23, en horario de mañá ou de tarde.

As inscricións, dispoñibles ata cubrir as prazas, pódense realizar en horario de aula aberta de luns a xoves de 16.00 a 20.00 horas e os venres de 9.30 a 13.30 horas. En caso de non podelo facer de maneira presencial, pódese enviar un correo electrónico a informatica.milladoiro@concellodeames.gal, enviando cuberta e asinada a solicitude que se encontra anexa a esta nova.

Cartel Aula Informatica do Milladoiro

Multimedia

  • Cartel Aula Informatica do Milladoiro