Solapas principales

A Aula CeMIT de Ames ofrece unha ampla oferta de actividades para todas as idades durante os meses de xuño e xullo

Sábado, 25 de mayo de 2019

A aula CeMIT de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, presenta a súa programación de cara aos meses de xuño e xullo, coa vista posta nas vacacións escolares. Así, de cara á estación estival, realizaranse un total de doce cursos, entre os que non faltarán os esperados cursos de verán para a rapazada ou os obradoiros de nivel medio para adultos, centrados en cuestións como a rede, o móbil, o traballo colaborativo e o correo electrónico. A programación tamén incluirá un ciclo de empregabilidade, exames EMA e unha videoconferencia sobre compras e contratacións a distancia. Para obter máis información ou para reservar praza en calquera destas actividades, as persoas interesadas pódeno facer a través da páxina web do CeMIT, achegándose á propia aula, chamando ao número de teléfono 682 373 753 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal.

A programación deseñada polo equipo da Aula CeMIT de Ames para o mes de xuño comezará coa realización do obradoiro para adultos Traballando na nube, que se impartirá todos os martes e xoves, do 4 ao 20 de xuño, en horario de 10.30 a 12.00h. Durante este curso, os e as participantes verán conceptos básicos que os axudarán a entender a nube e practicarán os coñecementos adquiridos mediante as ferramentas aloxadas na nube de Google, como son Google Drive, procesador de textos, follas de cálculo, presentacións, ou formularios. Mediante distintas actividades, buscarase sacarlle proveito ás aplicacións da nube mediante a potenciación do traballo colaborativo e a sincronización automática entre diferentes dispositivos.

Asemade, os martes e xoves do día 4 ao 13 do mesmo mes, en horario de 18.15 a 19.45 horas, desenvolverase o obradoiro Atopa na rede! Nesta formación, o obxectivo será achegarse aos buscadores de internet e conseguir sacarlles o maior rendemento posible mediante os seus filtros e operadores, senón tamén que os usuarios/as consigan empregar o propio buscador en tódolos servizos posibles. A continuación, do 25 de xuño ao 4 de xullo realizarase o curso Correo electrónico: webmail e smartphone, mediante o se buscará afondar en todas as posibilidades que ofrece o correo electrónico. Por elo, durante a formación non só se verán as opcións básicas e xerais como o envío de correo senón tamén a súa xestión con etiquetas e filtros, novas funcionalidades que ofrece gmail tales como programar correos para envialos noutro momento ou con data de caducidade.

O mes seguinte, os luns do 1 ao 29 de xullo, impartirase o curso Mecanografía para adultos enfocado na eliminación de malos hábitos no uso do teclado. Para elo, os usuarios/as practicarán cunha plataforma online que tamén lles permitirá seguir as leccións dende a casa, polo que está indicado tanto para persoas que queiran desenvolverse de forma correcta no uso do teclado coma para aquelas que desexen afianzar o aprendido en edicións anteriores. Ademais, entre o 9 e o 18 de xullo, todos os martes e xoves desenvolverase o taller Manexa as apps do teu móbil, mediante a que se buscará que as persoas participantes coñezan e utilicen determinadas apps que soen estar presentes en todos os smartphones e ás que se lle poden sacar máis proveito, como son as referentes á mensaxería, xestión de finanzas, control parental, xestión do tempo ou turismo. Ambas formacións impartiranse en horario de 18.30 a 20.00h.

Videoconferencia sobre compras e contratacións a distancia
A comezos de xullo, o luns 3, terá lugar unha videoconferencia baixo o título Compras e contratacións a distancia: recomendación e dereito de desistimento. A charla xirará en torno as compras que se realizan por teléfono, porta a porta ou vía online. Durante a charla incidirase nos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, así como no dereito de desistimento, que ampara ao consumidor n o caso de que decida dar marcha atrás na contratación. O faladoiro realizarase entra as 12.00 e as 13.00 horas.  Cursos de verán para menores
A Aula CeMIT tamén ten reservados unha serie de cursos destinados a nenos e nenas. Para participar, é necesario rexistralos co usuario dos e das menores. Deste xeito, do 25 de xuño ao 23 de xullo haberá un curso de informática lúdica para nenos/as entre 6 e 8 anos. Impartirase os martes, en horario de 10.00 a 12.00 horas. Trátase dun curso de iniciación ao uso do ordenado enfocado aos máis pequenos e pequenas da casa, polo que versará sobre o manexo do sistema e como se navega por internet, a través de xogos nos que utilizarán o teclado e o rato.

Tamén se repetirán no verán os talleres sobre programación co novo Scratch, no que os/as rapaces/as crearán postais animadas, vídeos e xogos interactivos. Os menores de 10 anos asistirán todos os mércores do 26 de xuño ao 24 de xullo, mentres que os maiores deberán facelo todos os xoves do 27 de xuño ao 18 de xullo. Ambos talleres terán lugar de 10.00 a 12.00 horas.

Outro dos cursos dirixidos aos nenos/as é o de mecanografía que se desenvolverá do 1 ao 29 de xullo. Este é un curso de introdución e práctica co teclado dunha hora por sesión. Ideal tanto para iniciarse como para repetir curso e continuar mellorando. Haberá dous grupos: un para a menores de 10 anos, que se impartirá os luns de 10.00 a 11.00 horas, e outro para maiores de 10 anos, con clases todos os luns de 11.00 a 12.00 horas.

Exames EMA
Nos mes de xullo tamén se realizará exame EMA, que consiste nunha proba presencial que se precisa para acadar o diploma en determinados cursos de teleformación do Espazo Multimedia de Aprendizaxe CeMIT. Así, a proba terá lugar o venres 14, en horario de 17.30 a 18.30 horas.

Tramitación das inscricións
Para participar en calquera das actividades é preciso matricularse con antelación. Así, para obter máis información ou para reservar praza en calquera destas actividades, as persoas interesadas pódeno facer a través da páxina web da CeMIT, achegándose á aula da Casa da Cultura de 10.00h a 13.00h e de 17.00 a 20.00h, chamando ao número de teléfono 682 373 753 no mesmo horario, ou enviando un correo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal.

A Aula CeMIT de Ames ofrece unha ampla oferta de actividades para todas as idades durante os meses de xuño e xullo

Multimedia

  • A Aula CeMIT de Ames ofrece unha ampla oferta de actividades para todas as idades durante os meses de xuño e xullo
  • A Aula CeMIT de Ames ofrece unha ampla oferta de actividades para todas as idades durante os meses de xuño e xullo
  • A Aula CeMIT de Ames ofrece unha ampla oferta de actividades para todas as idades durante os meses de xuño e xullo