- Tematica
O luns 23 de novembro comezan os novos cursos da Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames, que continuarán até o 30 de decembro.Esta aula formativa ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que oferta ao longo dos vindeiros meses, ademais de dispor dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores.Por mor da Covid-19, os cursos programados para os meses de outubro e novembro realizaranse de xeito telemático.
A Aula CeMIt presenta a programación para os meses de novembro e decembro. Nesta ocasión, e por mor da situación provocada pola Covid-19, todos os cursos realizaranse de xeito telemático para seguir en directo a través de YouTube. Polo tanto, só é necesario un dispositivo conectado á rede capaz de reproducir os vídeos de YouTube. Por tamaños de pantalla e facilidade de uso recoméndase un ordenador, pero pode empregarse unha tablet ou móbil (agás en casos nos que se especifica o contrario).
Unhas horas antes do comezo de cada curso, as persoas inscritas recibirán por correo electrónico a información necesaria para acceder a cada sesión.
Programación
O luns 23 dará comezo o curso “Crea o teu Cv”, até o xoves 26 de novembro, de 17.30 a 18.30 horas. Neste obradoiro ensinarase a realizar un currículo orientado á satisfacer as necesidades na busca de emprego. Aprenderase dende a creación de un autoanálise para decidir qué poñer no CV ata o momento de escribir unha carta de presentación. Na sesión final poderase poñer en práctica o aprendido coa titoría do profesor.
O luns 30 de novembro e o martes 1 de decembro, impartirase o curso “Busca de emprego a través de Internet”, no mesmo horario. Trátase dunhas clases de introdución á busca de emprego na rede no que recibiremos unha serie de consellos para esta dura busca, así como unha innumerable cantidade de recursos para atopar ofertas de todo tipo: portáis de emprego, boletíns e uso de redes sociais.
En decembro, con vistas ao Nadal, terá lugar o obradoiro “Compras seguras a través de Internet”. Neste curso, que se celebrará o mércores 2 e o xoves 3 de decembro, de 17.30 a 19.00 horas, ensinarase dende o inicio cómo facer compras seguras na rede.
Por último, a Aula CeMit pechará a sua programación para adultos de 2020 co curso “Correo electrónico”. Nesta ocasión, o obradoiro terá unha maior duración, dende o mércores 9 ó xoves 17 de decembro, de 17.30 a 18.30 horas. A partir dunha introdución ata un nivel máis avanzado, ensinarase a sacarlle todo o partido ó noso correo electrónico. Non só se aprenderá a ler e escribir correos electrónicos, tanto no ordenador coma no móbil, senón que se verá cómo organizalos con filtros automatizados en diferentes etiquetas/cartafoles, funcións novas, como a programación de envío en Gmail, ou pospoñer a lectura de correos recibidos, así como todas as opcións de configuración dispoñibles. É un curso moi recomendable tanto para quenes desexan aprender o máis básico, coma para os que precisan de funcións avanzadas.
Cursos dende a casa para menores
En canto aos cursos destinados a menores, terán lugar dous cursos de Scratch, un de introducción e outro de nivel medio, ambos de dous días. O scratch é unha linguaxe de programación por bloques moi visual e adecuada para que os rapaces e rapazas comecen a usar a lóxica da informática na programación, dando pe a que logo se adentren na robótica educativa.Estes obradoiros de nadal pódense seguir dende a casa ben sexa en solitario ou coa compañía da familia para aprender xuntos.
O obradoiro de introdución está orientado para enos e nenas de 7 ou máis anos. Nel aprenderase as bases da interface de Scratch e farase un proxecto sinxelo, ideal para introducirse no mundo da programación. Dará comezo o martes 22 e rematará mércores 23 de decembro, cun horario de 10.30 a 12.00 horas.
Por último, o curso de nivel medio de Scratch realizarase o artes 29 e o mércores 30 de decembro, de 10.30 a 12.00 horas. Neste taller asúmese que os alumnos xa están familiarizados coa base da interface de programación e practicarase con proxectos algo máis avanzados, ideais para rapaces e rapazas de 10 ou máis anos.
Trámites de inscrición
Para inscribirse nalgunha das actividades será preciso estar rexistrado de balde na rede CeMIT. Para máis información ou facer a reserva podes acceder á aula no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns ou poñerte en contacto a través do número teléfono: 682 373 753 ou do enderezo de correo electrónico: cemit.ames@xunta.gal. Ao pé desta nova podes consultar todos os días e horarios de realización dos cursos, ademais das horas de Aula Aberta da aula CeMIT.
Horario de Aula Aberta
O horario de Aula Aberta é de luns a venres, de 9.30 a 13.30 horas. Para poder empregar os ordenadores durante a Aula Aberta hai que respectar as seguintes medidas de hixiene:
-Limpeza de mans antes de empregar calquera equipo.
-Uso obrigatorio de máscara hixiénica.
-Manter a distancia de seguridade de metro e medio.
Os 8 equipos dispoñibles están numerados e as súas distancias acotadas, polo que é moi importante respectar as medidas en todo momento. Entre cada uso o responsable da aula fará a desinfección correspondente para garantir a seguridade dos seguintes usuarios.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Cursos CeMIT sobre el email"