Solapas principales

A Aula AMTIC organiza un obradoiro de programación de videoxogos e electrónica con Arduino

Martes, 14 de noviembre de 2023

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, organiza un obradoiro de programación de videoxogos e electrónica con Arduino. Haberá dúas quendas: a primeira para nenos e nenas de 8 a 10 anos, os días 27 de novembro e 4 de decembro; e outra para rapaces e rapazas de 11 a 14 anos os días 11 e 18 de decembro. En ambas quendas ofrécense 24 prazas e as actividades impartiranse en horario de 18.00 a 19.30 horas. As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos programas poden facelo de maneira presencial na propia AMTIC ou enviando cuberta e asinada a solicitude que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

A Aula AMTIC programa novas actividades para os meses de novembro e decembro. Deste xeito, vai acoller un novo obradoiro de programación de videoxogos e electrónica con Arduino. Este taller impartirase en dúas quendas: na primeira estará dirixido a nenos e nenas de 8 a 10 anos. Impartirase os días 27 de novembro e 4 de decembro, en horario de 18.00 a 19.30 horas. Ofrécense un total de 24 prazas. Neste obradoiro os nenos e nenas de 8 a 10 anos deseñaran videoxogos con BLOXELS (plataforma de desenvolvemento de videoxogos) e participarán en actividades de robótica cos ROBO-DINOS.

A segunda queda estará dirixida a rapaces e rapazas de 11 a 14 anos. Neste caso impartirase os días 11 e 18 de decembro, tamén en horario de 18.00 a 19.30 horas. Ofértanse outras 24 prazas. O grupo de rapaces e rapazas de 11 a 14 anos tamén deseñarán videoxogos con BLOXELS e farán prácticas de programación electrónica con sensores e actuadores sobre unha placa Arduino.

As persoas que estean interesadas poden tramitar a súa inscrición dende o 15 de novembro. As prazas asignaranse por orde de recepción das solicitudes ata completarse. Para anotarse é preciso enviar esta ficha de inscrición ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

As inscricións tamén se poden facer de xeito presencial, acudindo ás instalacións da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (AMTIC), na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de Aula Aberta: os luns e martes de 10.00 a 13.00h e de 16.00 a 20.00 horas. Os mércores, xoves e venres o horario é de 10.00 a 13.00 horas.

Para consultar calquera dúbida pódese contactar coa AMTIC chamando ao número de teléfono 981 535 940 ou escribindo a informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Cartaz do obradoiro de programación de videoxogos e electrónica con Arduino

Multimedia

  • Cartaz do obradoiro de programación de videoxogos e electrónica con Arduino
  • Os/as participantes deseñarán videoxogos con BLOXELS e farán prácticas de programación electrónica con sensores e actuadores sobre unha placa Arduino
  • Os/as participantes deseñarán videoxogos con BLOXELS e farán prácticas de programación electrónica con sensores e actuadores sobre unha placa Arduino
  • Os/as participantes deseñarán videoxogos con BLOXELS e farán prácticas de programación electrónica con sensores e actuadores sobre unha placa Arduino