Solapas principales

A Aula AMTIC organiza un curso de informática para a adaptación dixital

Martes, 27 de febrero de 2024

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, organiza un curso básico de informática para a adaptación dixital. Será a partir do 11 de marzo, os luns e os mércores en horario de 10:00 a 12:00 horas. Para esta actividade ofrécense un total de 12 prazas, que serán cubertas por orde de inscrición. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo de maneira presencial na propia AMTIC ou enviando cuberta e asinada a solicitude que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

A Aula AMTIC programa novas actividades para o vindeiro mes de marzo. Deste xeito, vai acoller un novo curso de informática para facilitar a utilización das novas tecnoloxías, procurando que os asistentes superen as barreiras  dixitais e se sintan cómodos e seguros no seu uso. Este taller impartirase os luns e os mércores a partir do 11 de marzo, en horario de 10:00 a 12:00 horas. Ofrécense un total de 12 prazas, e o curso terá unha duración total de 20 horas.

Neste curso trataranse catro bloques principais: introdución á informática, no que se trataran algúns conceptos básicos e aprenderán a empregar os navegadores e o correo electrónico; uso do sistema operativo, cunha introdución a Linux, xestión de cartafoles ou configuración do escritorio, entre outros; procesador de textos, no que aprenderán a empregar Office; e uso do teléfono intelixente, onde se tratarán as súas nocións básicas  e como navegar na Internet a través do móbil.

As persoas que estean interesadas poden tramitar a súa inscrición desde hoxe, 27 de febreiro. As prazas asignaranse por orde de recepción das solicitudes ata completarse. Para anotarse é preciso enviar esta ficha de inscrición ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

As inscricións tamén se poden facer de xeito presencial, acudindo ás instalacións da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (AMTIC), na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de Aula Aberta: os luns e martes de 10.00 a 13.00h e de 16.00 a 20.00 horas. Os mércores, xoves e venres o horario é de 10.00 a 13.00 horas.
Para consultar calquera dúbida pódese contactar coa AMTIC chamando ao número de teléfono 981 535 940 ou escribindo a informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

A Aula AMTIC organiza un curso de informática para a adaptación dixital

Multimedia

  • A Aula AMTIC organiza un curso de informática para a adaptación dixital