Solapas principales

A Asociación Terras de Compostela, da que forma parte Ames, celebrou o seu décimo aniversario

Lunes, 26 de noviembre de 2018

[26-11-2018] A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, acompañada de técnicos municipais, asistiu o pasado venres, 23 de novembro, ao acto de celebración do décimo aniversario da Asociación Terras de Compostela que se desenvolveu no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela. Neste acto puidéronse degustar diferentes pratos dos concellos que forman parte deste Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR). Por parte do Concello de Ames ofreceuse leite frito, feita con leite ecolóxico do gandeiro da parroquia de Piñeiro, Ramón Senra, que tamén participou en dita celebración.

O acto abriuse coa intervención do actual presidente da Asociación Terras de Compostela, Carlos Martínez Carrillo, alcalde do Concello de Vedra. Na apertura do acto tamén interviron o subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural de Agader, Javier Blanco Carballal, e mailo socio fundador do GDR e primeiro presidente da Asociación, José Severino Montes Pérez, ao que se lle entregou unha placa en recoñecemento ao seu labor como primeiro presidente e un dos socios fundadores.

De seguido, realizouse un relatorio sobre o desenvolvemento dos espazos rurais: reflexións e algunhas orientacións, a cargo de Juan Ignacio Praza Gutiérrez, catedrático de análise xeográfico rexional da Universidade de Salamanca. O acto foi clausurado por Miguel Ángel Pérez Dubois, director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Por último, puidéronse degustar diferentes pratos dos concellos que forman parte deste Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR). Por parte do Concello de Ames ofreceuse leite frito, feita con leite ecolóxico do gandeiro da parroquia de Piñeiro, Ramón Senra.

Fomento dos produtos locais
Ramón Senra é propietario dunha explotación gandeira na parroquia amesá de Piñeiro. Comezaron a venderlle a unha empresa o leite ecolóxico con certificación dende o mes de agosto deste ano. Previamente, houbo un período de reconversión das fincas onde pastan as vacas de dous anos, durante os cales as fincas non recibiron ningún tratamento con produtos fertilizantes. Esta explotación conta con 36 animais, dos cales o 50% son vacas novas que aínda non producen leite. A idea é incrementar a produción de leite ecolóxico no memento en que as vacas novas comecen a producir.

Ramón Senra destaca que “se apostou por producir leite ecolóxico para dispor dun produto diferente e de maior calidade. As vacas tan só son alimentadas con produtos naturais como pode ser a herba dos pastos, silo e herba seca. Deste xeito, tamén se prima o benestar animal, xa que as vacas ao producir menos leite están expostas a menos enfermidades. Ademais, os animais dende que son ordeñados pola mañá, están todo o día pastando no exterior, ata á noite cando se volven ordeñar. Isto tamén é moi beneficioso para os animais”.

Dende o Concello de Ames apóstase por fomentar o consumo de produtos locais como pode ser o leite ecolóxico que se produce na explotación gandeira de Ramón Senra. Así, na Rede municipal de comedores escolares apóstase pola realización de menús saudables con produtos frescos e de temporada mercados no pequeno comercio local, e que permiten a posibilidade de afrontar as diferentes intolerancias e alerxias alimentarias que se dan entre os usuarios/as.

Desenvolvemento de 177 proxecto
A Asociación Terras de Compostela nace no ano 2008, como asociación sen ánimo de lucro e constitúese coa finalidade de ser o núcleo de integración e de representación dos diferentes axentes territoriais, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio. O seu ámbito de actuación abrangue os concellos de Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Santa Comba, Santiago, Teo, Val do Dubra e Vedra. Falamos dunha superficie de máis de 1.100 quilómetros cadrados, aproximadamente o 15% da provincia da Coruña.

Dende a súa creación, o GDR xestionou a través do programa Leader un total de 177 proxectos para dinamizar a súa contorna, o que supuxo un investimento total nos dez concellos que compoñen o seu ámbito de actuación superior aos 21 millóns de euros. Ademais, logrou crear ou consolidar ata 283 empregos no seu territorio nos dez anos que leva en marcha grazas a unhas axudas por valor de 5,6 millóns de euros da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Capital humano para que el rural tenga un futuro en la comarca"
Lindeiros: "Terras de Compostela conmemorou os dez anos de traballo pola bisbarra"
Compostela 24 horas: "X aniversario de Terras de Compostela"