Solapas principales

A asociación Rutasapie organiza a “Ruta do Berberecho” polos concellos de Porto do Son e Noia para esta fin de semana

Miércoles, 14 de diciembre de 2016

[14-12-2016] A asociación de sendeirismo Rutasapie organizou para este sábado, 17 de decembro, a “Ruta do Berberecho”, de dificultade moderada e que conta cunha distancia de 17 quilómetros polos concellos de Porto do Son e Noia. Ademais, este club ten aberto o prazo de inscrición para participar na “Ruta del Padre Sarmiento”, que se realizará en nove etapas entre o 14 de xaneiro e 22 de abril, dende Pontevedra ata Santiago de Compostela. Para inscribirse en calquera destas dúas rutas, ou solicitar máis información, pódese enviar un correo electrónico ao enderezo clubrutasapie@gmail.com ou chamar aos teléfonos 628 287 957 ou 675 680 159.


Partindo do concello de Porto do Son, a ruta discorre en todo o seu percorrido pola beira do mar, atravesando gran parte das praias existentes tanto neste municipio con no de Noia. Así, pasarase polos areais de Suaigrexa, Caveiro, Aguieira, Pozo, Langaño, Coira, Entrepuntas, Gafa, praia da Homanda, Boa Grande, Boa Pequena, Mexilloeira, e rematase o percorrido na praia do Testal. Os participantes nesta actividade camiñarán facilmente polo bordo do mar percorrendo ditas praias e nalgunha ocasión pasarase por algún dos seus cantís, gozando en todo momento das belas paisaxes das rías de Muros e Noia, co monte Louro e a illa da Creba sempre á vista.

Finalmente coñeceranse localidades de referencia na zona como son Portosín e Noia, famosas polas súas praias, peixes e mariscos. Ao remate da ruta farase unha visita guiada da man da cofradía de San Bartolome, polos bancos marisqueiros e a lonxa do porto de Testal.

Os participantes deben saber que sairá un autobús ás 7:15h dende a estación de autobuses de Santiago de Compostela, pasando ás 7:20h pola estación de tren e ás 7:30h polo aparcamento de Santa Marta. A comida será arredor das 14:30 horas no Restaurante Elisardo, con degustación do berberecho local (o xantar é optativo). Deste xeito o menú estará composto de berberechos ao vapor, empanadas de millo e trigo de berberechos, arroz de mariscos con berberechos, viño albariño, sobremesa e café. Dito menú ten un prezo de 22 euros.

A inscrición nesta actividade ten un custe de 12 euros para os/as federado/as e de 15 euros para as persoas que non posúen licenza federativa. Para inscribirse ou solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo clubrutasapie@gmail.com ou chamar aos teléfonos 628 287 957 ou 675 680 159. Tanto o prezo da ruta (12 ou 15 euros) como o prezo do menú (22 euros para as persoas que desexen quedar a comer en Noia) pódese aboar no número de conta ES24 2080 0372 8130 4001 5367.

Ruta del Padre Sarmiento
Ademais, a comezos do vindeiro ano a asociación amesá de sendeirismo Rutas a Pie pon en marcha unha actividade dividida en varias etapas: a ruta del Padre Sarmiento, que vai dende Pontevedra ata Santiago de Compostela. Este percorrido dividiranse en nove etapas, que se realizarán entre o 14 de xaneiro e o 22 de abril.

A Mancomunidade do Salnés comezou a promocionar este ano unha ruta que seguía a peregrinación a Santiago de Compostela de Frei Martín Sarmiento no século XVIII. Xa acondicionada e ben sinalizada a ruta está lista e agardando polos primeiros camiñantes. A comezos do 2017 a asociación amesá Rutas a Pie ofrece aos amantes do sendeirismo a oportunidade de percorrela. Os seus propios membros xa a percorreron e levan tempo en contacto tanto coa Mancomunidade do Salnés como con outras institucións e organizacións, informándose e organizando esta saída. O 14 de febreiro farase a primeira etapa, que discorre entre Pontevedra e Sanxenxo. A chegada a Santiago está fixada para o día 22 de abril.

A inscrición nesta ruta xa está aberta, xa que a súa lonxitude e trazado precisan de moito traballo e organización previa. O prezo é de 115 euros para persoas federadas; a pagar en dous prazos, un de 70 euros co 13 de xaneiro como data límite, e outro de 45 euros a ingresar antes do 15 de febreiro. Para as persoas non federadas o custe é de 142 euros; pagándose así mesmo de xeito fraccionado, coas mesmas datas límites que no caso anterior: 87 euros no primeiro pago e 55 euros no segundo.