Solapas principales

A asociación moteira Motorcycles & Rock and Roll celebra este sábado a terceira edición do BikeShow

Jueves, 27 de agosto de 2026

Este sábado, 29 de agosto, a asociación moteira Motorcycles & Rock and Roll organiza a terceira edición do seu BikeShow, unha exposición moteira con concertos, actividades para nenos e algunha que outra sorpresa. A xornada, que se celebrará no campo de fútbol das Pateiras, comezará ás 11.00 horas e desenvolverase durante todo o día, con opción de acampar pola noite na contorna do pavillón municipal de Bertamiráns. O prezo da entrada é de 15 euros para os adultos e gratuíto para os nenos e nenas.

A comunidade moteira terá en Ames un lugar de encontro este sábado, 29 de agosto. A asociación Motorcycles & Rock and Roll, de Bertamiráns, organiza a terceira edición do seu BikeShow, unha exposición de motos customizadas no antigo campo de fútbol das Pateiras. Durante a xornada, as persoas asistentes poderán levar a súa moto e participar nun concurso que contará cun xurado externo ao club Motorcycles & Rock and Roll.

O evento dará comezo ás 11.00 horas e dende ese momento xa se poderán levar as motos para o concurso. Durante a mañá as persoas asistentes poderán gozar dun gran ambiente moteiro, con música, stands de merchandising e actividades para os máis cativos e cativas, os cales terán acceso a mini motos eléctricas coas que poder xogar. Á hora do vermú haberá un concerto sorpresa. 

Xa pola tarde, o grupo de ska castellonenco The Bandits comezará a dar ambiente antes da entrega de premios ás mellores motos. Ditos galardóns serán para as categorías de Chopper Custom, Paint Strange, Rat, Classic, Lady Byker e Best of Show. Tras a entrega, darase paso ao último concerto da noite, da man do grupo pontevedrés Calle del Ruído. 

O evento finalizará tras esta última actuación, mais quen o desexe poderá pasar a noite nunha zona de acampada habilitada na zona do pavillón municipal de Bertamiráns. Para máis información, pódese consultar ao número de teléfono 604 115 610 ou no código QR do cartel. A entrada terá un custo de 15 euros. Os nenos e nenas entran gratis.

A asociación moteira Motorcycles & Rock and Roll celebra este sábado a terceira edición do BikeShow

Multimedia

  • A asociación moteira Motorcycles & Rock and Roll celebra este sábado a terceira edición do BikeShow