Solapas principales

A asociación cultural alfombristas de San Xoanciño de Ames participou no proxecto virtual internacional Ephemeral Art Tokio 2020

Martes, 09 de junio de 2020

A asociación cultural alfombristas de San Xoanciño de Ames participou no proxecto virtual internacional Ephemeral Art Tokio 2020, organizado pola Coordinadora Internacional de entidades de alfombristas de arte efémero, no que participaron 26 delegacións que elaboraron diferentes alfombras. A asociación de alfombristas amesá elaborou a súa propia alfombra floral. Este proxecto foi creado pola comisión de proxectos da Coordinadora, especialmente para os días que debía de celebrarse o Congreso de Arte efémero en Tokio, anulado pola crise sanitaria da Covid-19.

A Covid-19 afectou a milleiros de persoas e moitas actividades presenciais, que tiveron que ser suspendidas, entre elas o Congreso de Arte Efémera, que se ía realizar a última fin de semana do mes de maio na cidade xaponesa de Tokio. En dito congreso íase a  crear unha gran alfombra floral colaborativa fronte ás instalacións da cidade olímpica dos Xogos de Tokio 2020.

Debido a iso, a Comisión de Proxectos da Coordinadora Internacional de entidades de alfombristas de arte efémero decidiu crear o proxecto Soñando Tokio, no que participaron un gran número de alfombristas de todo o mundo. A través desta iniciativa creouse unha rede de alfombras virtuais. Este proxecto tamén serviu para agradecer o traballo de Yasuhiko Fujikawa, presidente del comité organizador.

Deste xeito, as asociacións de alfombristas de Galicia participaron no Congreso Internacional de Alfombrismo de Arte Efémera Tokio 2020 de forma virtual. Estaba previsto que participasen arredor de 20 alfombristas galegos/as, entre as que se atopaban dúas integrantes da Asociación cultural alfombristas de San Xoanciño de Ames, María José Bello Vidal (presidenta da entidade) e Esther González.

A Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera participou neste proxecto a través de alfombristas das asociacións culturais: alfombristas de San Xoanciño de Ames; Corpus as Monxas de Ponteareas; Alfombras de Bueu; Costumes de Cela-Bueu; Ondiñas Mainas de Rianxo; Andahio de Perbes – Miño; Asociación Burela Floral e os Alfombristas de Redondela e Cerponzóns.

Deste xeito, cada delegación elaborou unha alfombra, que simboliza a súa presencia en Tokio, para expresar o seu agradecemento ao compañeiro Yasuhiko Fujikawa e ao seu equipo organizador, ás institucións e aos patrocinadores.

Cómpre salientar que na elaboración floral feita por parte da asociación cultural alfombristas de San Xoanciño de Ames participou o alfombrista máis novo da entidade, Antón Den Villanueva Montero, tal e como se pode ver neste vídeo.

Ademais, a Coordinadora Internacional de entidades de alfombristas de arte efémero elaborou un vídeo, que publicaron a través das redes sociais, e que tivo unha gran acollida. En dito vídeo pódese ver de preto o proceso de creación de cada unha das alfombras. Tamén realizaron outro vídeo sobre a virtual internacional Ephemeral Art Tokio 2020.

A asociación de alfombristas amesá elaborou a súa propia alfombra floral

Multimedia

  • Proxecto virtual internacional Ephemeral Art Tokio 2020
  • A asociación de alfombristas amesá elaborou a súa propia alfombra floral
  • A asociación de alfombristas amesá elaborou a súa propia alfombra floral
  • A asociación de alfombristas amesá elaborou a súa propia alfombra floral
  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for