Solapas principales

A asociación Avesanti organiza o 1 de setembro un taller sobre a reforma do Regulamento de Estranxeiría

Viernes, 26 de agosto de 2022

A Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela (Avesanti) organiza este xoves 1 de setembro un obradoiro informativo sobre a reforma do Regulamento de Estranxeiría, unha xornada aberta ao público xeral que dá comezo a un ciclo de talleres sobre asesoría legal. O obradoiro terá lugar ás 19:00 horas no antigo centro de saúde do Milladoiro, a cargo da avogada Lorena Fernández Boullón. Para participar, cómpre inscribirse enviando un correo ao enderezo Avesanti2017@gmail.com, ou contactando ao WhatsApp 620 96 85 52.

A Asociación Avesanti, coa colaboración da Concellaría de Benestar Social, vai comezar este próximo xoves 1 de setembro un ciclo de obradoiros sobre asesoría legal a cargo da avogada Lorena Fernández Boullón, especialista en dereito laboral, civil e estranxeiría. Deste xeito, o primeiro taller informativo centrarase na reforma do Regulamento de Estranxeiría en España.

Ademais de expoñer e comentar os aspectos máis relevantes do novo regulamento, abordaranse temas de especial relevancia na nova norma, que inclúe a creación dun novo modelo de arraigo para a formación; a actualización das figuras de arraigo social, laboral e reagrupación familiar; a facilitación da permanencia e o traballo dos estudantes estranxeiros, e o impulso á migración regular, axilizando a entrada de emprendedores.

Inscrición na actividade

Todos os detalles sobre os cambios no regulamento poderán coñecerse a partir das 19:00 horas no antigo centro de saúde do Milladoiro, nun taller de balde aberto ao público xeral. Para asistir ao obradoiro, que conta con prazas limitadas, cómpre inscribirse enviando un correo ao enderezo Avesanti2017@gmail.com, ou contactando ao WhatsApp 620 96 85 52.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Respostarán ás dúbidas sobre extranxeiría o 1 no Milladoiro"

A asociación Avesanti organiza o 1 de setembro un taller sobre a reforma do Regulamento de Estranxeiría

Multimedia

  • A asociación Avesanti organiza o 1 de setembro un taller sobre a reforma do Regulamento de Estranxeiría