Solapas principales

A asociación amesá Rutasapie organiza unha ruta polo río Tambre

Jueves, 19 de septiembre de 2019

A asociación amesá de sendeirismo e montañismo, Rutasapie, prepara unha nova ruta, esta vez polo río Tambre. Será este sábado, 21 de setembro. Haberá servizo de autobús, que sairá da estación de autobuses de Santiago de Compostela ás 08.45h, pasando pola estación de tres ás 08.50h, e polo aparcamento de Santa Marta ás 9.00 horas. Para inscribirse ou solicitar máis información pódese chamar ao número de teléfono 628 28 79 57 ou enviar un correo ao enderezo clubrutasapie@gmail.com. Trátase dunha ruta de 14,12 quilómetros de distancia, cun desnivel de 518 metros e dificultade doada.

Nesta ruta visitarase Ponte Nafonso, antiga ponte que data do século XIV, que se construíu para substituír outra ponte de madeira máis antiga. O estuario do río Tambre é espazo natural incluído na Rede Natura 2000. Os/as participantes nesta actividade gozarán do río Tambre e das vistas de toda a ría desde a Pedra Serpal. A ruta ten o seu fin na sorprendente obra do arquitecto galego, Antonio Palacios, a central hidroeléctrica do Tambre. Un espectacular enclave que xunta antigas construcións hidroeléctricas, sendas de pescadores, panorámicas da ría, etc.
 
Trátase dunha ruta de 14,12 quilómetros de distancia, cun desnivel de 518 metros e dificultade doada. Os/as participantes terán ocasión de comer no restaurante Pesqueira do Tambre, onde ademais de xantar unha comida tradicional gozarán da contorna e das súas instalacións como a piscina. O prezo do menú é de 15 euros por persoa.

Haberá servizo de autobús, que sairá da estación de autobuses de Santiago de Compostela ás 08.45h, pasando pola estación de tres ás 08.50h, e polo aparcamento de Santa Marta ás 9.00 horas. Para inscribirse ou solicitar máis información pódese chamar ao número de teléfono 628 28 79 57 ou enviar un correo ao enderezo clubrutasapie@gmail.com.

 A asociación amesá Rutasapie organiza unha ruta polo río Tambre