Solapas principales

A asociación Alcohólicos Anónimos imparte este venres, 14 de xuño, en Cacheiras unha xornada informativa sobre alcoholismo

Jueves, 13 de junio de 2019

Este venres, 14 de xuño, a asociación Alcohólicos Anónimos imparte unha xornada informativa sobre alcoholismo, ás 20.00 horas, na Casa común de Cacheiras, situada na Travesía de Cacheiras, número 38, no concello de Teo. Para a charla contarase coa colaboración dun médico de familia, profesionais de traballo social, membros de alcohólicos anónimos e da comunidade de apoio aos familiares de enfermos alcohólicos AlAnon. Esta actividade conta coa colaboración dos Concellos de Ames e Teo, así como da Unidade Pastoral do Milladoiro, Teo e contorna.

O pasado 5 de outubro de 2018 creouse un grupo de Alcohólicos Anónimos no Milladoiro, que se reúne os martes e venres, ás 20:30 horas, nos locais da Parroquia de San Xosé do Milladoiro. Por tal motivo, o pasado xoves, 4 de abril, realizouse unha presentación de dito grupo no local do Club de xubilados e pensionistas do Milladoiro. Este acto de presentación serviu tamén para impartir unha charla informativa na que se falou do traballo que se realiza dende a asociación de Alcohólicos Anónimos.
 
Agora, ofrécese unha nova charla, pero neste caso na Casa común de Cacheiras, situada na Travesía de Cacheiras, número 38, no concello de Teo. Será este venres, 14 de xullo, a partir das 20.00 horas. Para a charla contarase coa colaboración dun médico de familia, profesionais de traballo social, membros de alcohólicos anónimos e da comunidade de apoio aos familiares de enfermos alcohólicos AlAnon. Esta actividade conta coa colaboración dos Concellos de Ames e Teo, así como da Unidade Pastoral do Milladoiro, Teo e contorna.

Cartel da xornada informativa sobre alcoholismo

Multimedia

  • Cartel da xornada informativa sobre alcoholismo