Solapas principales

Asinado o contrato para executar as obras de reparación do camiño de Castelo a Vilar, na parroquia de Ames

Jueves, 28 de mayo de 2020

O alcalde de Ames, José Miñones, e o representante da empresa Asfalgal Técnicas Viarias SL Concello de Ames, veñen de asinar o contrato para a execución das obras de reparación do camiño de Castelo a Vilar, na parroquia de Ames. O proxecto está incluido no plan provincial POS 2019 por un importe de 101.173,18 euros. Previamente, dito proxecto foi adxudicado a través de decreto da alcaldía.

O camiño de Castelo a Vilar, na parroquia de Ames, conta cunha lonxitude total de 4.350 metros. O proxecto recolle a súa reparación naqueles treitos mais deteriorados, mediante o emprego de cinco centímetros de aglomerado en quente previo fresado do pavimento existente. Igualmente, procederase á execución de 200 metros de cuneta de seguridade revestida de formigón, baixo a que se canalizará tubería de PVC de 315 mm. de diámetro e executaranse 5 arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais, previa escavación de zanxa e posterior recheo compactado da mesma.

Os traballos completaranse coa limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal; a sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes en toda a lonxitude do vial e símbolos; e unha partida para entronques a redes existentes. A duración inicial do contrato será de 6 meses, a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

O Concello de Ames continuou ao longo destes últimos dous meses cos trámites daqueles servizos ou obras nos que os licitadores amosaron o seu consentimento á continuidade dos procedementos, co obxectivo de ir adiantando tales expedientes. A sinatura do contrato para a execución das obras no camiño de Castelo a Vilar constitúe un paso máis na tramitación deste procedemento, co obxectivo xeral por parte da administración local de manter o compromiso co sector empresarial na reactivación da economía e, especialmente, con esta vía de comunicación que posúe especial importancia porque enlaza as parroquias de Covas e Ames coa de Tapia.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, entende que “é importante seguir a actividade da obra pública con normalidade, porque ademáis é un motor económico importante na situación de crise que estamos a atravesar. Por iso, desde o departamento de Obras e Servizos Básicos continuamos coa planificación e coa realización de obras no rural, porque apostamos pola mellora dos distintos núcleos máis rurais do concello”.

lugar de castelo

Multimedia

  • lugar de castelo 2