Solapas principales

Arredor de 500 persoas gozaron da xornada de lecer dixital Ames Gaming

Miércoles, 16 de septiembre de 2026

O Concello de Ames, a través da Concellería de Mocidade, acolleu este sábado 12 de setembro, de 12.00 a 20.00 horas, a primeira edición do evento “Ames Gaming”, unha xornada de lecer dixital organizada conxuntamente con Lúa Gaming, que contou cunha gran participación de rapaces e rapazas, pero tamén de público adulto e familias. Arredor de 500 persoas gozaron durante todo o día de videoxogos, xogos de mesa, e a historia da cultura dixital. Todo, dun xeito accesible e non intrusivo. 

O “Ames Gaming” rexistrou unha gran participación na súa primeira edición, celebrada o pasado sábado, 12 de setembro, no pavillón municipal do Milladoiro. Arredor de 500 rapaces, rapazas, pais e nais ateigaron este espazo durante toda a xornada para gozar de videoxogos, xogos de mesa e historia da cultura dixital, con elementos actuais e retro. 

A concelleira de Mocidade, Beatriz Martínez, destacou “o bo ambiente vivido nesta xornada dirixida a mozos e mozas, pero tamén ás familias e persoas adultas. O obxectivo desta nova iniciativa, posta en marcha por primeira vez este ano, foi unir tradición e modernidade nun evento de carácter dixital. Pais, nais, fillos e fillas puideron compartir unha viaxe no tempo polas orixes da cultura dixital, na que os pais e nais lles amosaron aos seus fillos/as as máquinas e xogos cos que eles medraron, e ao revés os mozos e mozas tamén puideron amosarlles aos seu pais/nais os xogos que lles gustas a eles/as”.

Bo ambiente festivo
A xornada foi organizada polo Concello de Ames, a través da Concellería de Mocidade, en conxunto co equipo galego de esports e entretemento Lúa Gaming, do que son embaixadores Iago Aspas e Ana Peleteiro. Ademais, contou coa colaboración de Vella Escola Cultura Urbana, Faneka Gaming e Chafarís Compostela. 

O espazo estivo dividido en varias zonas de xogo: xogos de mesa, arcade, retro, gaming e realidade virtual. No emprazamento de xogos de mesa, as persoas participantes puideron atopar dende os clásicos tradicionais ata as últimas novidades do sector. Houbo torneos de EA Sports FC 26, que gañou Alejandro Rey; Brawl Stars, que gañou o equipo Legendary bots, formado por Abel Vidal, Adrián García e Yamir Ruiz; e Mario Kart, que gañou Asier Guldris; así como titoriais e guías expertas para introducir a todo o mundo nesta forma de lecer. En ditos torneos, inscribíronse e participaron un total de 140 mozos e mozas. 

Tamén houbo un espazo reservado para a nostalxia, con máquinas recreativas clásicas que ofreceron unha experiencia retro, transportando ao público adulto ás súas infancias e adolescencias nos anos 90 e 2000. Todo moi similar á zona retro, que estivo equipada con consolas destas mesmas décadas dos comezos do século XXI.

Pola contra, a zona gaming contou con consolas Nintendo Switch (os modelos 1 e 2) e PlayStation 5. Durante toda a xornada gozouse dun ambiente moi festivo, que combinou a competición saudable co entretemento, especialmente atractivo para o público máis novo. Estes tamén puideron probar as novas tendencias en realidade virtual e mixta. 

Arredor de 500 persoas gozaron da xornada de lecer dixital Ames Gaming

Multimedia

  • Arredor de 500 persoas gozaron da xornada de lecer dixital Ames Gaming