Solapas principales

Apróbase o expediente de licitación para a contratación dunha operación de préstamo, por importe de 312.127 euros, para o financiamento de actuacións do Plan Impulsa Ames

Martes, 29 de octubre de 2019

A Xunta de Goberno Local ven de aprobar o expediente de licitación, para a contratación dunha operación de préstamo, por importe de 312.127 euros, para o financiamento de actuacións incluídas dentro do Plan Impulsa Ames, da EDUSI. Estas actuacións teñen un custe total de 1.248.509,12 euros, dos cales o Concello sufraga 312.127,29 euros, e o importe restante, 936.381,87 euros, son sufragados con cargos aos fondos FEDER que lle foron concedidos ao Concello de Ames. Estes proxectos recollen actuacións urbanísticas, de mellora do alumeado público, asistencia social, sociedade da información e patrimonio municipal.

O goberno municipal avanza na tramitación dos proxectos incluídos no Plan Impulsa Ames da Estratexia DUSI. A situación económica do Concello permite concertar este tipo de créditos para abordar o financiamento de grandes investimentos. Neste caso o Concello de Ames está inmerso na execución do Plan Impulsa Ames, para o que conta con 5 millóns de euros de fondos FEDER. Ademais, o Concello de Ames ten que achegar a este plan a contía de 1.250.000 euros, que representa o 20% do total. A estratexia desenvolverase ao longo dos exercicios 2018-2023.

Deste xeito, aprobouse o expediente de licitación de operación de endebedamento ao longo prazo, por un importe de 312.127,29 euros, para financiar inversións do orzamento municipal 2019. Trátase de 12 actuacións recollidas no Plan Impulsa Ames da EDUSI. Estas actuacións teñen un custe total de 1.248.509,12 euros, dos cales o Concello sufraga 312.127,29 euros, e o importe restante, 936.381,87 euros, son sufragados con cargos aos fondos FEDER que lle foron concedidos ao Concello de Ames. Estes proxectos recollen actuacións urbanísticas, de mellora do alumeado público, asistencia social, sociedade da información e patrimonio municipal.   

De xeito detallado, as actuacións que se pretenden desenvolver con dito financiamento, dentro do ámbito urbanístico, son a eliminación de barreiras (obras de mellora da accesibilidade) e mailo concurso de proxectos para executar a améndoa central de Bertamiráns.

Dentro do ámbito de mellora do alumeado público contémplase a instalación de sensores lumínicos en distintos tramos do alumeado público, xestionando a intensidade lumínica; e a instalación de alumeado no sendeiro do CEIP Agro Muíño. No apartado de asistencia social está prevista a construción, con criterios de eficiencia enerxética, dun centro multidisciplinar para a mocidade no Milladoiro.

Sociedade da información
Ademais, dentro do ámbito da sociedade da información está recollido a implantación de procedementos da administración electrónica; a instalación de equipamento de módem Wifi e de ordenadores cos periféricos necesarios a todos os equipamentos públicos existentes no municipio; un sistema de cartelería dixital; a posta en marcha da tarxeta cidadá; a instalación de dispositivos de sensorización presencial en farolas, en equipamentos socioculturais, deportivos e noutras instalacións municipal; e a posta en marcha dun sistema municipal de Apps para móbil que se centrará en tres ámbitos: turismo, comercio local e transporte municipal.

Por último, dentro do ámbito de mellora do patrimonio municipal, contémplase a instalación dun sistema térmico para os edificios municipais. 

Imaxe Casa do Concello