Solapas principales

Apróbase o expediente de contratación da licitación de obras de mellora dun viario interior en Biduído de Abaixo

Miércoles, 15 de enero de 2020

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 30 de decembro, en sesión extraordinaria, o expediente de contratación da licitación das obras de mellora dun viario interior no lugar de Biduído de Abaixo. Trátase dunha actuación incluída dentro dos proxectos financiados con cargo ao superávit de 2018. Estas obras contan cun orzamento base de licitación de 67.778,72 euros.

No pasado pleno ordinario de novembro de 2019 a Corporación municipal aprobou por unanimidade o expediente de modificación orzamentaria número 4/2019, na modalidade de suplemento de créditos, por un importe de 131.465 euros, para sufragar a mellora dun viario interior en Biduído de Abaixo, a pavimentación de varias rúas do Milladoiro (rúas Pardiñeiros, Cruxa, Agro do Medio e rúa de Abaixo) e maila mellora do parque infantil da Condomiña.

Unha vez superado dito trámite, o pasado 30 de decembro a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación da licitación das obras para a mellora dun viario interior no lugar de Biduído de Abaixo. Estas obras contan cun orzamento base de licitación de 67.778,72 euros. Dita actuación executarase nunha superficie de 1.070 metros cadrados con cinco centímetros de zahorra de 185 centímetros de pavimento de formigón, previa demolición do pavimento existente.

Ademais, preténdese realizar a canalización de 160 metros de tubaxe de PVC de 400 milímetros de diámetro coas súas correspondentes arquetas con sumidoiro e pozos para a recollida das augas pluviais, previa escavación en zanxa. Tamén se contempla a execución dun total de 28 metros de caz de formigón con reixa e a adaptación dos pozos e arquetas existentes á nova rasante.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “se trata dunha actuación incluída dentro dos proxectos financiados con cargo ao superávit de 2018. Estes traballos están recollidos nun plan máis amplo que contempla ir mellorando os camiños interiores das aldeas do rural amesán, que se irán facendo con cargo a fondos municipais e da Deputación da Coruña”.

Imaxe da fachada da Casa do Concello