- Tematica
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado xoves, 29 de xaneiro, o expediente de licitación das obras de pavimentación do viario principal de Coira, pertencente á parroquia de Biduído. Dito viario discorre por diante do CEP de Ventín e conta cunha lonxitude dun quilómetro. O orzamento base de licitación ascende a 67.317,07 euros (IVE incluído). Este proxecto, que se sufraga con cargo á segunda fase do POS +Adicional 2/2025, enmárcanse dentro do plan de arranxo e mellora das vías e camiños municipais.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, continúa o seu investimento nas infraestruturas das parroquias e dos núcleos urbanos. Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras de pavimentación e mellora do viario do lugar de Coira, pertencente á parroquia de Biduído. Dito viario discorre por diante do CEP de Ventín e conta cunha lonxitude dun quilómetro. O orzamento base de licitación ascende a 67.317,07 euros (IVE incluído).
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “continuamos coa licitación das obras incluídas no POS+ Adicional de 2025. A semana pasada aprobouse a licitación das obras de pavimentación dos camiños peonís de Aldea Nova, por valor de 183.000 euros, e agora apróbase a licitación para mellorar o pavimento do viario principal do lugar de Coira. Nestas dúas obras investiranse algo máis de 250.000 euros”.
Actuacións previstas no proxecto
A través de dito proxecto está previsto mellorar a capa de rodaxe do viario principal de Coira, que conta cunha lonxitude dun quilómetro. O proxecto contempla actuacións en dous treitos: un de 660x5 metros e outro de 320x6 metros, así como nun total de 390 metros cadrados de sobreanchos existentes, mediante 3 centímetros de mestura bituminosa descontinua, previa regularización do treito de 660 metros con 1 centímetros da mesma mestura.
Finalmente contemplase a limpeza de gabias e salvagabias para un correcto drenaxe lonxitudinal e transversal e a sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo e símbolos.
Novas relacionadas
El Correo Gallego: "Ames arreglará el vial que pasa por delante del CEP de Ventín"
AmsGO!: "Anuncian o arranxo do viario que pasa por diante do colexio de Ventín"










