- Tematica
A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 11 de decembro a concesión de axudas por valor de 982,09 euros entre 14 solicitantes das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2025-2026). O importe máximo concedido por cada nena ou neno ascende a 120 euros. Denegouse dita axuda a 6 solicitantes por presentar a solicitude fóra de prazo ou porque a unidade familiar superaba o 100% do IPREM.
A convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar está dirixida aos pais, nais ou titores legais dos nenos e nenas matriculados no curso escolar 2025/2026 nun centro de ensino sostido con fondos públicos, no nivel de educación infantil (segunda etapa, de 3 a 5 anos). A unidade familiar debe estar empadroada e residir de modo efectivo no concello de Ames no momento da solicitude.
A través desta convocatoria preténdese propiciar que, a través da colaboración financeira do Concello de Ames para a compra de material didáctico preciso para o normal desenvolvemento da actividade académica, a poboación escolar integrada en familias con menos recursos dispoña do material educativo necesario para o normal desenvolvemento da súa aprendizaxe, centrando o esforzo orzamentario na educación infantil, por ser esta a franxa de idade non cuberta pola Xunta de Galicia.
Os gastos obxecto de subvención deberon efectuarse no período comprendido entre o 1 de xullo de 2025 e o día en que finalizou o prazo de presentación das solicitudes, que foi o 13 de novembro de 2025. O importe máximo concedido por cada nena ou neno ascende a 120 euros. Deste xeito, aprobouse a concesión de axudas por valor de 982,09 euros entre 14 solicitantes. Denegouse dita axuda a 6 solicitantes por presentar a solicitude fóra de prazo ou porque a unidade familiar superaba o 100% do IPREM.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Catorce familias recibirán ayudas amesanas para material escolar"
Diario de Santiago: "Apróbase a concesión das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de 2º ciclo de infantil, en Ames"





