- Tematica
A deportistas amesá que practica hípica, Antía Trincado, vén de proclamarse campioa no campionato galego de salto 2025, que se celebrou no centro ecuestre Marco das Pías en Sobrado dos Monxes. Este evento estivo organizado pola Federación Hípica de Galicia, para a categoría elite e para as categorías de rapaces e rapazas de 8 a 16 anos. Antía Trincado proclamouse campioa galega de salto 2025 en categoría C, con Identity d´Haryns, unha egua de 8 anos de raza Selle Francais. No campionato de España celebrado o pasado mes de xuño acadou una meritoria décima praza de 121 participantes.
O campionato galego de salto 2025 celebrouse no centro ecuestre Marco das Pías en Sobrado dos Monxes, entre o 2 e 7 de setembro, organizado pola Federación Hípica de Galicia, para a categoría elite e as categoría de rapaces e rapazas de 8 a 16 anos. A hípica é un deporte no que non hai categoría masculina e feminina, os xinetes e amazonas compiten nos mesmos percorridos e mesmas alturas de salto.
A deportista amesá, Antía Trincado, proclamouse campioa galega de salto 2025 en categoría C, con Identity d´Haryns, unha egua de 8 anos de raza Selle Francais. Ademais, no campionato de España celebrado o pasado mes de xuño acadou una meritoria décima praza de 121 participantes.
Antía Trincado Gómez compite na categoría xinetes e amazonas de ata 16 anos e con cabalos que midan 141 centímetros (Ponis C). Cómpre destacar que os ponis como tal non existen, son cabalos máis baixos de diferentes razas. Ao segundo chanzo do podio subiu Gonzalo Criado Constenla, con Houla Hop la Briarde, e terceira clasificada nesta categoría foi Noa Ramos García, con Quezac du Gevaudan.
Novas relacionadas:
Diario de Compostela: "Antía Trincado, ouro en hípica no campionato celebrado en Sobrado dos Monxes"
La Voz de Galicia: "Tres medallas autonómicas para Haras de Compostela"







