Solapas principales

A andaina saudable de outubro percorrerá a Vía Verde entre Cerceda e Oroso o próximo sábado 8

Sábado, 01 de octubre de 2022

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde prosegue o seu programa de andainas saudables en outubro, cunha saída pola Vía Verde entre os concellos de Cerceda e Oroso. O percorrido, duns quince quilómetros, discorre sobre o antigo trazado ferroviario pertencente á liña Santiago – A Coruña. Será o sábado 8 de outubro, con saída en autobús dende Bertamiráns, ás 9:00 horas, e dende O Milladoiro, ás 9:15 horas. Para participar, cómpre inscribirse no enderezo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal, ata o xoves 6 de outubro, ás 14:00 horas.

Despois de retomar as súas andainas saudables a pasada semana, cunha saída polos muíños de Riamontes, a Concellaría de Promoción de Saúde propón para comezar outubro unha ruta pola Vía Verde entre os concellos de Cerceda e Oroso. As persoas que participen deberán completar un traxecto duns quince quilómetros na mañá do vindeiro sábado 8.

A Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle é un percorrido que transcorre polos concellos de Santiago, Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda, que aproveita o antigo trazado ferroviario da antiga liña Santiago – A Coruña, en desuso coa posta en funcionamento do Eixo Atlántico de Alta Velocidade. Esta ruta foi aberta ao público o pasado 4 de setembro, ao que lle resta por recuperar o tramo entre a estación de Sigüeiro e Santiago.

As persoas interesadas en sumarse a esta actividade poden anotarse ata o xoves 6 de outubro, ás 14:00 horas, enviando un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal. Ofértanse unhas 70 prazas para esta proposta, que contará con servizo de autobús dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9:00 horas, e dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 9:15 horas. Recoméndase levar roupa e calzado cómodo e axeitado.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A andaina saudable de outubro percorre a Vía Verde Cerceda-Oroso"

A andaina saudable de outubro percorrerá a Vía Verde entre Cerceda e Oroso o próximo sábado 8

Multimedia

  • A andaina saudable de outubro percorrerá a Vía Verde entre Cerceda e Oroso o próximo sábado 8