Solapas principales

A amesá Olivia Parga acadou a medalla de ouro na 2º Xornada da Liga Galega de Karate

Sábado, 17 de mayo de 2025

Esta pasada fin de semana, a vila de Cedeira acolleu a II Xornada da Liga Galega de Karate, unha cita na que a karateka amesá Olivia Parga volveu a acadar a medalla de ouro, como xa fixera na I Xornada da Liga Galega celebrada en Ferrol o pasado 28 de decembro.

A karateka amesá Olivia Parga segue a sumar logros ao seu palmarés, desta volta, coa medalla de ouro acadada esta pasada fin de semana, o 10 de maio, na II Xornada da Liga Galega de Karate celebrada na localidade de Cedeira.

Acompañada polo seu irmán, Xoán David Parga, que exerceu como coach, a deportista do Milladoiro logrou superar os dous combates que realizou contra as rivais do Karate River Stone e do Akai Ryu. Tras este triunfo, Olivia Parga sitúase na primeira posición dentro da súa categoría, cadete feminina <47kg.

Deste xeito, a amesá continua a sumar logros e triunfos ao seu palmarés que, este ano, foi recoñecido en galas e premios do ámbito deportivo coma a Gala do Deporte da Deputación da Coruña, onde Olivia foi galardoada co Premio a mellor deportista promesa feminina de base, ou na XVII Gala do Deporte, na que recibiu o Premio de promesa feminina máis destacada de Ames.

A amesá Olivia Parga acadou a medalla de ouro na 2º Xornada da Liga Galega de Karate