- Tematica
A atleta amesá, María Estévez, segue logrando éxitos. Desta volta, conseguiu a medalla de ouro coa selección galega sub20 no campionato de España de campo a través individual e por federacións autonómicas, que se celebrou este pasado domingo, 25 de xaneiro, no circuíto “El Pinillo” de Almodóvar del Río (Cordoba). Trátase dunha vitoria histórica para o atletismo galego. O equipo sub20 estivo formado por Sandra González, Demeku Paniagua, Debris Paniagua, Sabela Martínez e María Estévez.
María Estévez suma un novo éxito ao seu palmarés. A atleta amesá participou este pasado domingo, 25 de xaneiro, no campionato de España de campo a través individual e por federacións autonómicas. María Estévez xunto con Sandra González, Demeku Paniagua, Debris Paniagua e Sabela Martínez, formaron o equipo sub20 feminino da selección galega.
As atletas galegas completaron unha gran participación sumado o menor número de puntos posibles para acadar o título por federacións autonómicas, un fito histórico para o atletismo galego.
As catro primeiras posicións da proba estiveron ocupadas polas atletas galegas. Primeira foi Sandra González, cun tempo de 19.52. A segunda e terceira posición foron para as irmáns Demeku e Debris Paniagua cun tempo de 20.01 e 20.12. Na cuarta posición chegou Sabela Martínez cun tempo 20.25 e na posición décimo primeira chegou á liña de meta, María Estévez, cun tempo de 21.17.
Novas relacionadas
Diario de Santiago: "A amesá María Estévez consegue coa selección galega sub20 o campionato de España de campo a través"








