- Tematica
O Concello de Ames continúa coa súa programación de actividades polas festas de Nadal, desta volta co servizo do Tren de Nadal que percorrerá os días 2, 3 e 4 de xaneiro as rúas de Bertamiráns e O Milladoiro, unha actividade enmarcada na programación da Gran Festa de Reis. Este servizo de tren, totalmente gratuíto, estará dispoñible en Bertamiráns o venres 2, de 11.00 a 13.30h e de 17.00 a 19.30 horas, e o sábado 3 pola mañá de 11.00 a 13.30. No Milladoiro estará o sábado 3 pola tarde de 17.00 a 19.30 horas e mailo domingo 4, de 11.00 a 13.30h e de 17.00 a 19.30 horas.
Ames segue ofrecendo diferentes propostas de ocio para pasar o Nadal en familia. Nos días previos á chegada dos Reis Magos, os nenos e nenas de Ames poderán amenizar a súa espera co Tren do Nadal que percorrerá os núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro o venres 2, o sábado 3 e mailo domingo 4 de xaneiro.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explicou que “tralo éxito do ano pasado volvemos a ofrecer este servizo dentro da programación de Nadal, para dinamizar o comercio e hostalaría local, e para que todas as familias e nenos e nenas de Ames poidan gozar dunhas xornadas divertidas e diferentes”.
O servizo do Tren de Nadal poñerase en marcha o venres 2 de xaneiro en Bertamiráns durante toda a xornada, en horario de 11.00 a 13.30h e de 17.00 a 19.30 horas. A saída do tren estará instalada na praza do Concello. O sábado 3 pola mañá, de 11.00 a 13.30 horas, volverá estar en Bertamiráns.
De seguido, estará no Milladoiro o sábado 3 pola tarde, de 17.00 a 19.30 horas, e mailo domingo 4 durante toda a xornada, de 11.00 a 13.30h e de 17.00 a 19.30 horas. No Milladoiro o tren sairá dende a parada de autobús que se atopa diante do centro de saúde, na Travesía do Porto.






