Solapas principales

Ames Radio emite información de servizo sobre a situación do Covid-19 (Coronavirus)

Lunes, 16 de marzo de 2020

A radio municipal, Ames Radio, seguirá durante os días que dure o estado de alarma decretado polo goberno de estado, prestando un servizo público de información á veciñanza amesá. Deste xeito, emitirá cinco boletíns informativos ao longo do día (tres pola mañá e dous pola tarde) para achegar información municipal de relevancia provocada pola pandemia do Covid-19 (Coronavirus). A radio municipal pódese escoitar a través do 107.2 da FM ou a través da páxina web.

Ames Radio seguirá emitindo información de interese para a veciñanza de Ames durante os días que dure o estado de alarma decretado polo goberno central. Non se emitirá a programación habitual, senón que se emitirán cinco boletíns informativos ao longo do día.
 
Pola mañá, haberá boletíns informativos en horario de mañá; ás 9.00h, 12.30h e 14.30h, e en horario de tarde; ás 18.00h e ás 20.00 horas, para informar da situación e medidas adoptadas para frear a pandemia do Covid-19 (Coronavirus), así como para achegar información municipal de relevancia derivada da situación actual. A radio municipal pódese escoitar a través do 107.2 da FM ou a través da páxina web.
 
Por outra banda, infórmase que quedan suspendida as emisións dos programas de Radio Cidadá. Dende o pasado 20 de xaneiro a veciñanza de Ames realiza 15 programas que forman parte da grella de Ames Radio ata o próximo mes de xuño.
Ames Radio emite información de servizo sobre a situación do Covid-19