Solapas principales

Ames Radio abre unha nova convocatoria de Radio Cidadá para a tempada 2026-2027

Miércoles, 02 de septiembre de 2026

Ames Radio pon un ano máis os seus micrófonos a disposición da cidadanía para a elaboración de programas de radio. Calquera persoa, asociación ou entidade pode presentar os seus proxectos entre o día 1 e o 20 de setembro enviando o impreso de solicitude ao correo electrónico radio@concellodeames.gal. Aceptaranse proxectos presentados por entidades, asociacións ou persoas non empadroadas no concello, sempre que as súas propostas resulten de interese para o municipio amesán ou estean protagonizadas por persoas residentes, nadas ou que traballen en Ames. Cada proxecto deberá ser presentado por unha persoa coordinadora que deberá ter un mínimo de 18 anos de idade. Pódense consultar todos os detalles nas bases que regulan a Radio Cidadá premendo nesta ligazón.

Poderán presentar propostas para a grella de Radio Cidadá asociacións e entidades do concello e calquera persoa maior de 18 anos ou de 16, neste último caso baixo a responsabilidade de algún dos seus proxenitores ou titores. Os interesados e interesadas deberán cubrir o impreso de solicitude indicando o título, obxectivos e descrición do programa, temas e público ao que vai dirixido, periodicidade, duración e día e hora de emisión suxerido.

Esta temporada  a Radio Cidadá estrea bases. Trátase dun documento que establece o prazo e a forma de presentación dos proxectos, os destinatarios, requisitos, etc e que nesta temporada muda os criterios de avaliación dos proxectos priorizando entre outros a utilización do galego, a orixinalidade da proposta, así como, a viabilidade do proxecto.

Ames Radio pon a disposición da veciñanza o seu espazo físico, o equipamento e o persoal técnico necesario para a gravación dos programas seleccionados nos días e horas que se determinen. A emisión dos mesmos farase en función da grella de programación que aprobe a Comisión asesora de Comunicación do Concello de Ames, aínda que se procurará respectar no posible as propostas de emisión das persoas ou entidades propoñentes.

O proxecto de Radio Cidadá comezou a súa andaina en outubro de 2017 con dez programas. Neles, abordábanse temas tan diversos como a educación dos fillos, a diversidade cultural ou o patrimonio histórico e cultural do concello. Destes dez programas mantéñense en antena catro: Tangos de la esquina sur, Vivirmos nun mundo finito, De Museo e Miradas. Os dous primeiros (Tangos de la esquina sur e Vivirmos nun mundo finito) superaron na pasada edición os 200 programas realizados.

20 programas na temporada pasada
Na oitava convocatoria batéronse todos os rexistros de participación con 24 propostas presentadas, das cales se emitiron 20, xa que segundo o establecido nas bases é o número máximo de programas aos que se pode dar cabida.  

Aos programas como Vaide Retro; O protocolo é para todos; Apuesta por el Rock&Roll; La hora de la columna; Voces Invisibles; Las Carabelas del siglo XXI; Ames en dixital; El cuerpo que habitamos e Conta con nós uníronse Un café en Ames, con Seu Bermúdez; Intensas con Sara Outeiral; Frecuencia cativada, con Susana Vales; Conecta2 con Vanesa González e David Costoya; Alcohólicos Anónimos na súa comunidade; Turismo e ser con Minia del Río e El arte de vivir con sentido con Juan Magariños.

Para calquera dúbida os/as interesados/as poden poñerse en contacto con Ames Radio a través do correo electrónico radio@concellodeames.gal ou nos teléfonos 981 890 452 e 662 377 413.

Ames Radio abre unha nova convocatoria de Radio Cidadá para a tempada 2026-2027

Multimedia

  • Ames Radio abre unha nova convocatoria de Radio Cidadá para a tempada 2026-2027