Solapas principales

Ames instala pantallas informativas na entrada da Casa do Concello e nas Casas de Cultura

Sábado, 09 de octubre de 2021

O Concello de Ames instalou unha pantalla na entrada da Casa do Concello, outra na Casa de Cultura de Bertamiráns e unha terceira na Casa da Cultura do Milladoiro. Estas luminarias informan aos veciños e veciñas de Ames sobre avisos, programación e demais información relevante relacionada co Concello. Ademais, pretende dar difusión ao comercio local e aos programas de dinamización que impulsen dende a promoción económica.

A través da Concellaría de Promoción Económica, o Concello engadiu unha nova ferramenta de comunicación cos veciños e veciñas. Trátase de instalar unha pantalla informativa na entrada da Casa do Concello, da Casa de Cultura de Bertamiráns e na do Milladoiro. Esta iniciativa forma parte do proxecto "Ames Comercio Dixital" dependente do programa de "Proyectos Singulares" da Cámara de Comercio de España cofinanciado con Fondos FEDER ao 80%. Este programa pretende dar difusión ao comercio local e aos programas de dinamización que impulsen a promoción económica, ademais de dar información municipal.

A veciñanza pode visualizar cada semana os carteis da programación, exposicións, concertos ou as distintas actividades que organice o Concello de Ames, así como o vídeo promocional da campaña “En Ames témolo todo”.

Para a concelleira de Promoción Económica: “Estas novas pantallas dixitais van axudar o Concello a informar dunha nova forma aos veciños e veciñas. Deste xeito tamén se pretende dinamizar as nosas rúas e que os veciños e veciños estean informados tamén de todas as actividades e así se poidan inscribirse nelas ou acercarse a velas”.

Pola súa banda, a concelleira de Comunicación, Natividade González, celebrou a posta en marcha deste novo medio de comunicación municipal “que se suma aos xa existentes e que servirá para que os veciños e as veciñas obteñan unha información moi directa de moitas actividades e servizos municipais” e agradeceu ao departamento de prensa do Concello, responsable do mantemento destes dispositivos, “o traballo realizado para que a veciñanza poida nutrirse de información a través da nova canle”. 

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Pantallas de información no concello e nas casas de cultura amienses"

 

cartaz

Multimedia

  • Pantalla Cada da Cultura do Milladoiro
  • Pantalla Casa do Concello
  • Pantalla Casa da Cultura de Bertamiráns