Jueves, 13 de agosto de 2026
Os veciños e veciñas de Ames saíron ás rúas na tarde de onte para gozar da eclipse, un acontecemento histórico que non se rexistraba en Galicia dende 1905. A parcela de Agriños, xunto ao parque de caravanas do Milladoiro, foi un dos puntos de maior afluencia, xuntando a centos de persoas que seguiron con intriga o transcurso da eclipse, que deu comezo ás 19.31 horas e finalizou ás 21.22 horas, sendo o punto máximo ás 20.29 horas.
Novas relacionadas
Diario de Santiago: "Ames goza dunha eclipse histórica"














