Solapas principales

Ames engalana o concello coas cores do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

Sábado, 27 de junio de 2026

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Igualdade, conmemora esta fin de semana o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, que como cada ano se celebra o 28 de xuño. Deste xeito, onte arrancaron as actividades na explanada do pavillón municipal de Bertamiráns, con obradoiros, unha festa Holi Party e a entrega do premio do Concurso Fotográfico LGTBIQ+ ao seu gañador, Sergio Martínez Calvo. No día de hoxe continuarán as celebracións no Paseo da Igualdade do Milladoiro. Tanto O Milladoiro como Bertamiráns foron decorados co lema da campaña “Ames a quen Ames faino con orgullo”, e tamén se colocaron testos con flores coas cores da bandeira LGTBIQ+. Premendo nesta ligazón podes ler o manifesto institucional do Concello de Ames.

O Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ chegou no día de onte á explanada do pavillón municipal de Bertamiráns. A xornada comezou ás 19.30 horas cun obradoiro de deseño de bolsas e, deseguido, comezou outro arredor do deseño das bandeiras conmemorativas. Este espazo creativo contou en todo momento con flocos de millo, algodón de azucre e música, polo que a atmosfera foi de total diversión. 

Tamén houbo unha festa Holi Party, unha celebración ao aire libre onde se lanzaron pos de cores vibrantes, inspirada no tradicional festival hindú que se celebra para dar comezo á primavera.

Concurso fotográfico LGTBIQ+
Máis adiante, fíxoselle entrega do premio da terceira edición do concurso fotográfico LGTBIQ+ ao seu gañador, o veciño de Carril (Vilagarcía de Arousa) Sergio Martínez Calvo, máis coñecido como Sergio Pirata. Na terceira edición deste certame participaron 4 persoas: Sergio Martínez Calvo, de Vilagarcía de Arousa; Paula Castiñeira Olveira, veciña do Milladoiro; Jules Herrmann Herrero, veciño da urbanización Pedra Dourada; e María Porras Alcón, que enviou a súa imaxe dende Murcia.

Sergio Martínez Calvo, Paula Castiñeira Olveira e María Porras Alcón presentaron unha fotografía, mentres que Jules Herrmann Herrero presentou dúas imaxes. As fotografías tiñan que ser orixinais e inéditas. Cada participante podía presentar dúas fotografías como máximo. As instantáneas podían realizarse con calquera tipo de técnica e estilo.

A concelleira de Igualdade, Uxía García, agradeceu “a implicación das persoas participantes no concurso fotográfico. Hoxe demos comezou a unha serie de actividades que se van desenvolver durante esta fin de semana para celebrar o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+. Animo á veciñanza a participar e desfrutar desta celebración”.

O alcalde, Blas García, destacou “a calidade das fotos presentadas ao concurso, xa que había fotos cun significado moi potente como é o caso da que gañou. Ames a quen ames faino con orgullo, creo que é un slogan que simboliza moi ben o que é o Concello de Ames. Estamos orgullosos de ser un concello integrador, xa que temos veciños/as de máis de 70 nacionalidades distintas, e somos un concello diverso e variado”.

O gañador do certame fotográfico, Sergio Martínez, agradeceulle ao Concello por organizar este certame. “Boa falta fai que lle deamos visibilidade ao colectivo e reivindiquemos os nosos dereitos. O que quería visibilizar coa fotografía é a diversidade. Eu quería visibilizar que unha mazá e unha pera suma froita. Quixen facer unha comparación entre as persoas e a froita”.

Máis actividades para hoxe
No día de hoxe, a acción trasladarase ao Paseo da Igualdade, ao carón do pavillón do Milladoiro. Deste xeito, ás 20.00 horas, comezará un novo obradoiro, que neste caso recibe o nome “Somos cores” e terá unha duración aproximada dunha hora.

Xa ás 22.00 horas, comezará o gran xogo “Símbolos na noite escura”, para o que será preciso inscrición previa cubrindo o formulario que se atopa no código QR do cartel. Esta actividade está pensada para persoas maiores de 13 anos. No caso de choiva, realizarase no anexo do pavillón municipal do Milladoiro.

Ames engalana o concello coas cores do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

Multimedia

  • Ames engalana o concello coas cores do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+