Solapas principales

Ames contará cun novo centro comercial de Gadisa en Bertamiráns

Sábado, 26 de febrero de 2022

A semana pasada comezaron as obras nunha céntrica parcela de Bertamiráns para construír un novo centro comercial de Gadis nesta localidade. Deste xeito, unha empresa punteira no sector comercial como é Gadisa construirá un novo centro nesta localidade ampliando a oferta comercial existente na actualidade. O edificio, que terá acceso dende O Pedregal e dende a avenida da Maía, disporá de soto, planta baixa e primeira planta. Haberá un aparcamento exterior e outro no soto do edificio. Ambos aparcamentos suman 113 prazas de estacionamento. A planta baixa contará cunha superficie de 1.588 metros cadrados que acollerán un supermercado cunha superficie de venta de 970 metros cadrados e un aforo total de 367 persoas. O proxecto ten un orzamento de execución material de 1.404.001 euros.

O novo centro comercial construirase nunha parcela de 4.587,10 metros cadrados que está próxima á praza de Chavián, en Bertamiráns. Está prevista unha construción de 3.416,38 metros cadrados. A parte frontal estará situada cara O Pedregal. Terá acceso tanto dende a rúa do Pedregal coma dende a avenida da Maía. O edificio ocupará 1.588 metros cadrados (34,62% da parcela) e o resto da parcela dedicarase para habilitar un aparcamento exterior de 73 prazas de estacionamento e para o tránsito peonil e rodado.

O edificio disporá de soto, planta baixa e primeira planta. O soto estará dedicado a aparcamento cunha superficie de 1.586 metros e con 40 prazas de estacionamento (37 para uso xeral e 3 prazas adaptadas). No soto tamén se habilitarán diversos servizos como almacén, aseos, etc.

A planta baixa contará cunha superficie de 1.588 metros cadrados que acollerán un supermercado cunha superficie de venta de 970 metros cadrados e un aforo total de 367 persoas. Esta planta tamén disporá de servizos de almacén e aseos. A planta primeira, que contará cunha superficie de 242 metros cadrados, estará dedicada a oficinas e diversas instalacións.

A construción deste novo centro comercial en Bertamiráns permitirá dinamizar unha zona de Bertamiráns que xa conta cun importante tecido de comercio local. Trátase dun actividade complementaria que reforzará a oferta comercial desta localidade  e se sumará aos establecementos comercias que fan que Bertamiráns xa sexa unha referencia comercial nos concellos da comarca.

O alcalde de Ames, Blas García, explica que “a construción deste novo centro comercial é unha importante aposta dunha empresa moi importante no sector comercial como é Gadisa. Permitirá a creación de novos postos de traballo e dinamizará o sector comercial de Bertamiráns. Ademais, a actividade de Gadisa é totalmente complementaria coa actividade comercial dos establecementos locais”. Blas García tamén destacou que “trátase dunha aposta deste Goberno municipal para dinamizar o tecido comercial e empresarial de Ames”.  

O concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, incidiu en que “levamos bastante tempo traballando para poder executar este proxecto en Bertamiráns e despois de varios atrancos técnicos por fin dende o departamento de Urbanismo se puideron resolver e comezar as obras”.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Novo Gadis entre a avenida da Maía e rúa do Pedregal"

Compostela 24 Horas: "Ames contará cun novo centro comercial de Gadisa en Bertamiráns"

Plano do novo centro comercial de Gadisa en Bertamiráns

Multimedia

  • Plano do novo centro comercial de Gadisa en Bertamiráns
  • Imaxe da parcela en obras
  • Imaxe da parcela en obras
  • Imaxe da parcela en obras
  • Imaxe do futuro Gadis
  • Imaxe do futuro Gadis