Solapas principales

Ames conta con dez locais sociais a disposición das asociacións

Lunes, 13 de septiembre de 2021

O Concello de Ames ten dez locais sociais situados nas parroquias de Biduído, Ortoño (Torroeira), Lens, Transmonte, Augapesada, Cruxeiras, Ameixenda, Agrón e Piñeiro. Ademais, cóntase co local da Factoría para que os músicos e músicas de Ames ensaien. Todos eles poden ser reservados polas asociacións do Concello que precisen das instalacións para desenvolver as súas actividades. Para reservas, enviar un email a administracion.cultura@concellodeames.gal

A Concellaría de Cultura recorda aos veciños e veciñas de Ames que , toda asociación do Concello que o precise, poderá reservar algún dos dez locais sociais.

Deste xeito, preténdese apoiar aos grupos pequenos da contorna a para que desenvolvan as súas actividades.

Premendo nesta ligazón poderás consultar as características das instalacións dos dez locais. Todos os edificios consta, coma mínimo, dunha sala e de máis de 20 cadeiras. Ademais, a maioría, teñen mesas de oficina. Os locais sociais máis grandes son os de Cruxeiras e Agrón, ambos con dúas salas. No obstante, destaca o de Lens por ser o único con servizo bar.

Por outra banda, o local de A Factoría está dirixido aos músicos e músicas de Ames para que poidan ensaiar nestas instalacións. Para reservar o local, polo menos, un dos/as seus/súas integrantes debe estar empadroado en Ames e o grupo debe estar dado de alta no censo municipal de artistas do concello.  As persoas interesadas deben enviar un email a omix@concellodeames.gal. As instalación teñen un novo horario que é, de luns a venres, de 10.00 a 22.00 horas.

Novas relacionadas:

Revista AmesGo: "Ames conta con dez locais sociais a disposición das asociacións"

El Correo Gallego: "Diez locales sociales se ponen a disposición del tejido asociativo"

Local social
Descargas: