Solapas principales

Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ con actividades e música no Paseo da Igualdade do Milladoiro

Lunes, 23 de junio de 2025

Con motivo da celebración do Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+, o Concello de Ames prepara unha serie de iniciativas para o sábado, 28 de xuño, no paseo da Igualdade no Milladoiro. As actividades comezarán ás 11.00 horas coa lectura do manifesto. A continuación entregarase o premio ao gañador/a do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. Ademais, haberá actividades para todos os públicos con talleres de pintura de bolsas, obradoiros de pintura de pedras e mural, taller de pulseiras e para elaborar espetadas de lambonadas, música, e para rematar unha Holi Party.

Esta mañá presentouse a programación que organiza o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, para celebrar o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+, que se conmemora o sábado 28 de xuño. O Paseo da Igualdade, no Milladoiro, foi onde se realizou a presentación de dita programación. Ata alí achegáronse a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, e maila técnica municipal, Mónica Antelo.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, destacou “un ano máis no concello de Ames imos a celebrar o 28 de xuño no que se conmemora o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+. Convidamos a toda a veciñanza a que participe nas diferentes actividades que se van a celebrar co obxectivo de darlle maior visibilidade ao colectivo LGBTIQ+. Durante a mañá do sábado haberá varias actividades para todos os públicos. Os nenos e nenas terán diferentes obradoiros e daremos lectura ao manifesto institucional, o cal queremos que lle dea voz unha persoa dalgún colectivo de Ames”.

A técnica municipal, Mónica Antelo, explicou que “as actividades comezarán coa lectura do manifesto institucional, e de seguido, haberá diferentes obradoiros para os nenos e nenas e para os adultos co obxectivo de que poidan participar en familia nestas actividades. Arredor das 12.30 horas celebrarase unha Holi Party onde se visibilizarán todas as cores da bandeira LGBTIQ+”.

Programación de actividades para todos os públicos
O vindeiro 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+, o concello de Ames encherase de cor a modo de conmemoración. Ás 11.00 horas lerase o manifesto institucional no Paseo da Igualdade, no Milladoiro. A continuación entregarase o premio ao gañador/a do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. 

Por outra banda, haberá actividades para todos os públicos con talleres de pintura de bolsas, obradoiros de pintura de pedras e mural, taller de pulseiras e para elaborar espetadas de lambonadas, música, e para rematar unha Holi Party. A través desta actividades o departamento de Igualdade reivindica a plena igualdade no concello e pon de manifesto a loita contra calquera tipo de discriminación.

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "Ames conmemora o Día do Orgullo con música, obradoiros e unha Festa Holi"

Diario de Santiago: "Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ con actividades e música no Paseo da Igualdade do Milladoiro"

AMSGO!: "Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ con actividades e música no Paseo da Igualdade do Milladoiro"

Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ con actividades e música no Paseo da Igualdade do Milladoiro

Multimedia

  • Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ con actividades e música no Paseo da Igualdade do Milladoiro