Solapas principales

Ames conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Jueves, 26 de noviembre de 2020

A praza do Concello tinxiuse onte de violeta para amosar o rexeitamento da cidadanía contra a violencia de xénero. O alcalde e varios membros da corporación municipal leron un manifesto no que se lembrou o número de vítimas, se falou do aínda vixente “teito de cristal”, se convidou aos homes a loitar pola igualdade e se  puxo o acento no papel das administracións locais na loita contra a violencia machista. Acudiron preto de 150 persoas. Moitas delas luciron as máscaras e as camisetas da campaña “Corta co machismo” que os propios traballadores de Servizos Sociais repartiron antes e despois do acto. Entregáronse ao redor de 500 tapabocas, 300 máscaras, 300 cadernos, pulseiras e bolsas. O acto comezou e rematou cun concerto de batucada a cargo da sección de mulleres de “Trópico de Grelos”. Unhas 20 persoas animáronse despois a participar nun obradoiro deste ritmo brasileiro de influencias africanas. Preme nesta ligazón para acceder á galería de imaxes e ver as fotos do acto do 25N.

O alcalde, Jose Miñones, e malia concelleira de Servizos Sociais, Luisa Feijóo, a concelleira de Cultura, Natividade González, Oliva Agra, concelleira do PP e Enrique Costas, concelleiro de Ames Novo foron os encargados de ler o manifesto institucional no que se condenou calquera acto de violencia exercida contra as mulleres, lembrouse o número de mulleres asasinadas no que vai de ano, 40, e de orfos, 23, e engadiuse ao computo as 1073 mulleres asasinadas desde que se comezaron a contabilizar os crimes machistas e ás 16.000 galegas que solicitaron atención nos centros de información á muller.

Convite a que os homes loiten pola igualdade
A violencia machista ocupou tamén un lugar importante na mensaxe do manifesto. Fíxose  referencia ao dobre pesadelo que no escenario da pandemia están sufrindo as mulleres vítimas de violencia, ao teren que convivir moito máis tempo co seu maltratador: “O maltrato é froito do machismo, dunha sociedade patriarcal, e a mellor ferramenta para combatilo é a prevención, a educación, a coeducación e a concienciación” e conminouse aos home a que fosen eles mesmo “os que teñan a vontade de combater esa violencia, de desterrar o machismo da nosa sociedade.

Fíxose referencia tamén aos teitos de cristal: “Esta discriminación é a lousa que impide á muller ocupar na sociedade o espazo que lle corresponde por dereito propio. Os teitos de cristal e a discriminación laboral e salarial son difíciles de probar, pero existen. Por ese machismo, a muller segue a quedar enmudecida fóra de órganos de decisión, cando o que a sociedade necesita é darlle voz e enriquecerse coas súas aportacións”.

O papel dos gobernos locais
O papel como promotor da igualdade dos gobernos locais tamén tivo o seu oco no manifesto: “os gobernos locais temos un papel decisivo. É fundamental traballar na educación e a concienciación da cidadanía, aplicando a perspectiva de xénero en todas as nosas políticas e accións”. A lectura do manifesto concluíu facendo referencia ao feito de que desde o municipalismo débese traballar a pro do “Bo Trato” e o compromiso a facelo empregando unha linguaxe libre de connotacións sexistas, integrando a perspectiva de xénero, difundindo unha imaxe non sexista da muller, traballando na prevención da violencia machista e na promoción dos valores de igualdade e respecto entre toda a poboación, especialmente a máis nova, fomentando á ética e a co-responsabilidade nas tarefas e o coidado tanto de menores como de persoas dependentes, poñendo medios para elo e fornecendo os servizos de conciliación e identificando e enmendando as posibles deficiencias que se atopen a nivel municipal na loita contra a violencia cara ás mulleres, respectando a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, e a igualdade de oportunidades no cadro de persoal, promovendo unha representación equilibrada de mulleres e homes en todos os ámbitos de actuación municipal e rexeitando a contratación de actividades nas que se ofrezan unha imaxe sexista da
muller.

Consignas da campaña “Corta co machismo” e batucada
A lectura do manifesto rematou co berro conxunto por parte de todos os asistentes das consignas que aparecen nas máscaras da campaña “Corta co machismo” que este ano se artellou desde o propio departamento de Servizos Sociais. Os asistentes ao acto uníronse e corearon tamén as consignas de “Caladiña non estou máis guapa”, “Non estou tola, teño criterio”, Non calo, non”, “Na cociña ti tamén estás moi ben”, “Non calamos, non”.

Para a concelleira de Servizos Sociais, Luísa Feijoó Para a concelleira de Servizos Sociais, Luísa Feijoó “é un orgullo ver como imos avanzando pasiño a pasiño na concienciación, ver como as persoas que arroupan estes actos son cada vez mais , como se traballa dende os Centros escolares, dende os Ies a participación dos nosos mozos e mozas, clubs deportivos e todo o tecido asociativo en xeral; a boa acollida destas campañas por parte dos diferentes establecementos que participan facéndoas visibles nos seus escaparates e da veciñanza en xeral. Aínda así quédanos traballo por facer e camiño por percorrer todos e todas xuntas”.

O acto rematou cun concerto de batucada da sección de mulleres do grupo “Trópico de Grelos”. Despois, as artistas ofreceron un obradoiro deste ritmo brasileiro de influencias africanas. Varias mulleres e algún home animáronse a coller as baquetas.

Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020

Multimedia

  • Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020
  • Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020
  • Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020
  • Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020
  • Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020
  • Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020
  • Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020
  • Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020
  • Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020
  • Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020
  • Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020
  • Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020
  • Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020
  • Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020
  • Acto Día Internacional contra a Violencia Machista 2020