Solapas principales

Ames conmemora o Día das Letras Galegas cun acto literario-musical no que se entregaron os premios dos Certames Literario e Intercentros

Viernes, 17 de mayo de 2019

O Día das Letras Galegas celebrouse en Ames cun acto literario-musical no que se entregaron os premios do XVI Certame Literario de narrativa e poesía e do XI Certame Artístico-Literario Intercentros. No acto, presentado pola xornalista da radio municipal Nazaret López, interviñeron a concelleira de Normalización Lingüística, Isabel Vaquero, e o presidente de Feiraco, José Montes Pérez. A dinamización musical do evento correu a cargo do coro Son Elas e do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames. Neste 2019, o Día das Letras Galegas está dedicado a Antón Fraguas.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este xoves, 16 de maio, a actividade conmemorativa polo Día das Letras Galegas. A gala, presentada pola xornalista da radio municipal Nazaret López, comezou ás 20.00 horas e abriuse cunha actuación do alumnado da EMMA, que interpretou dúas cancións do grupo Luar na Lubre. Tamén actuou o coro amesán Son Elas, que foi o encargado de pechar o acto.

A continuación, entregáronse os premios do XI Certame Artístico-Literario Intercentros. Neste certame presentáronse un total de 76 obras, que foron xulgados por Rosa Moreiras Cuñarro e Xián Naya Sánchez, persoal do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, así como por Isabel Vaquero Quintela, concelleira de Comunicación e Normalización Lingüística. Este concurso consta de dúas categorías: a primeira para o alumnado de 3º e 4º de primaria e a segunda para os rapaces e rapazas que cursan estudos de 5º e 6º de primaria. 

Na primeira categoría, correspondente a alumnado de 3º e 4º de educación primaria, o primeiro premio dotado con 100 euros foi para Yeili del Carmen Bautis de 4º B do CEP de Ventín polo traballo A nosa Galicia no 2050. O segundo premio de 80 euros foi dividido ex aequo a, por unha banda Arancha Rodiles e Comba Vilar de 4º D do CEIP A Maía pola obra Galicia no ano 2050; e por outra a Noa Mesías de 4ºB do CEP de Ventín por A miña Galicia. O terceiro premio, de 50 euros, foi para Mateo Ónega e Marcos Rodríguez de 4º C do CEIP Agro do Muíño polo traballo A nosa Galiza

Na segunda categoría (alumnado de 5º e 6º curso de primaria), o primeiro premio recaeu en Noa de Blas, alumna de 6ºA do CEIP Agro do Muíño, polo seu traballo Galicia en cores. O segundo premio, tamén dividido ex aequo, foi outorgado a Nicolás Suárez de 5ºC do CEP de Ventín polo texto O Tesouro, e a Saxa de Santiago e Xoán Rivas de 5ºA do CEIP de Barouta por Paixón polo Galego.O terceiro dos premios desta categoría foi entregado a Candela Vázquez de 6º B do CEIP Agro do Muíño, pola súa proposta Soñamos con GaliciaXVI Certame Literario de narrativa
O concurso reuniu un total de 176 traballos procedentes de toda Galicia e de varias localidades do resto de España, a cifra máis elevada desde a creación deste certame. Este ano, o xurado do certame estivo composto pola escritora e profesora Ana R. Figueiredo; o escritor e poeta Rafa Vilar González; e pola investigadora de literatura Carmen Ferreira Boo. Dos 18 premios repartidos neste certame, dous foron parar a mans de veciños/as amesás, todos eles na modalidade de narrativa.

Na modalidade de narrativa (categoría de ata 13 anos) a gañadora foi a coruñesa Adriana Oroza Fitzsimmons, coa obra Obsesión. A segunda clasificada foi a amesá Sofía Álvarez Castro, coa peza Soños que nunca tiven, mentres que na terceira posición quedou José Miguel Vargas Sánchez, de Almería, co traballo Temblores. 

Na segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) a gañadora foi Mariña Maceiras Segovia, de Santiago de Compostela, coa obra Tambo. A segunda clasificada foi Iría Sánchez del Río, de Negreira, coa peza O vestido vermello, e na terceira posición quedou Daniel Souto Pazó, de Brión, co traballo O seu destino

Na terceira e última categoría (18 anos ou máis) o gañador foi a viguesa María Cristina Rey Vázquez, con O monolito. A segunda posición foi para o amesán Heriberto José Villar Patiño, coa peza A dama e o dragón, mentres que a terceira posición foi para Xosé Alfredo Naz Fernández, de Vigo, coa obra Coraçao. 

XVI Certame Literario de narrativa e poesía
Na modalidade de poesía (categoría de ata 13 anos) o primeiro premio foi para José Miguel Vargas Sánchez, de Almería, coa obra Quedarme contigo. O segundo clasificado foi Nicolas Nieto Villa, do concello de Vigo, coa obra Abominábel tempo, mentres que na terceira posición quedou Noa de Blas Sánchez, de Brión, co traballo Bágoas

Na segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) o primeiro premio foi para Alicia López Besteiro, do concello de Lugo, coa obra Imos cara a ningures. O segundo premio recaeu en Ana Lorenzo Blanco, do concello de Valga, e na terceira posición quedou Manuel Monteagudo Fernández, de Santiago de Compostela, con Xistro Melindres

Por último, na categoría de 18 anos ou máis, o gañador foi Xián Naia Sánchez, do concello de Santiago de Compostela, coa obra Cousas que nom esqueces, o segundo clasificado foi Arancha Nogueira, tamén de Santiago, coa peza Crac, e na terceira posición quedou Martiño Maseda Lozano, do concello de Vilalba, co traballo O sabor acedo das estacións.

O Concello de Ames, en colaboración con Feiraco, empresa colaboradora do certame, publicará os traballos premiados nunha antoloxía creada para tal efecto, sen apercibimento de dereitos de autoría e compensando aos/as autores/as con cinco exemplares do volume que se edite. As persoas gañadoras do certame deberán entregar posteriormente os textos en formato dixital. No caso de que os autores decidan publicar pola súa conta algún dos textos gañadores, deberán facer referencia ao premio obtido neste certame. Antoloxía publicada conterá os 18 traballos premiados de cada edición.

Ames conmemora o Día das Letras Galegas cun acto literario-musical no que se entregaron os premios dos Certames Literario e Intercentros

Multimedia

  • Ames conmemora o Día das Letras Galegas cun acto literario-musical no que se entregaron os premios dos Certames Literario e Intercentros
  • Ames conmemora o Día das Letras Galegas cun acto literario-musical no que se entregaron os premios dos Certames Literario e Intercentros
  • Ames conmemora o Día das Letras Galegas cun acto literario-musical no que se entregaron os premios dos Certames Literario e Intercentros
  • Ames conmemora o Día das Letras Galegas cun acto literario-musical no que se entregaron os premios dos Certames Literario e Intercentros
  • Ames conmemora o Día das Letras Galegas cun acto literario-musical no que se entregaron os premios dos Certames Literario e Intercentros
  • Ames conmemora o Día das Letras Galegas cun acto literario-musical no que se entregaron os premios dos Certames Literario e Intercentros