Solapas principales

Ames colabora na organización da charla informativa sobre o novo regulamento de estranxeiría

Martes, 13 de mayo de 2025

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle o vindeiro martes, 20 de maio, de 10:00 a 13:30 horas, a charla informativa para persoas migrantes sobre o novo regulamento de estranxeiría. O xefe da Oficina de Estranxeiría da Coruña, Julio Simón, impartirá unha charla informativa; ofrecerase asesoramento en trámites e xestións habituais na Administración electrónica; e abordarase a tramitación de certificado dixital ou cl@ve permanente con informáticos da Subdelegación do Goberno. Esta actividade está financiada polo Ministerio de Política Territorial do Goberno de España. Para participar nesta actividade ofértanse 50 prazas (25 para persoal técnico e 25 para público en xeral). Hai que enviar un correo electrónico a servizos_sociaismilla@concellodeames.gal. A data límite para inscribirse é o venres 16 de maio.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, colabora na organización da charla informativa para persoas migrantes sobre o novo regulamento de estranxeiría que se vai impartir o martes, 20 de maio, a partir das 10.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta actividade está financiada polo Ministerio de Política Territorial do Goberno de España, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia. Na organización desta charla tamén colabora a Federación Española de Municipios y Provincias.

A charla comezará ás 10.00h coa presentación. Ás 10.15h o xefe da Oficina de Estranxeiría da Coruña, Julio Simón, impartirá unha charla informativa sobre o novo regulamento de estranxeiría. Ás 11.30h farase un descanso de media hora. Ás 12.00h ofrecerase asesoramento en trámites e xestións habituais na Administración electrónica; e ás 12.30h abordarase a tramitación de certificado dixital ou cl@ve permanente con informáticos da Subdelegación do Goberno.

Para participar nesta actividade ofértanse 50 prazas (25 para persoal técnico e 25 para público en xeral). Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico a servizos_sociaismilla@concellodeames.gal. As inscricións faranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. A data límite para inscribirse é o venres 16 de maio.

Ames colabora na organización da charla informativa sobre o novo regulamento de estranxeiría