Solapas principales

Ames aposta pola inclusión coa creación dun grupo inclusivo de teatro formativo e lúdico

Lunes, 08 de junio de 2026

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, creou durante o curso 2025-2026, por primeira vez, un grupo inclusivo de teatro formativo e lúdico, que se enmarcou dentro da Escola municipal de teatro de Ames. Este grupo pechou a súa actividade neste curso 2025-2026 coa representación do espectáculo A eclipse. Os 7 intérpretes que compoñen o grupo representaron unha peza sobre a infancia e o paso do tempo, a través da eclipse solar do vindeiro 12 de agosto. Esta clausura súmase aos demais peches do resto de grupos da Escola municipal de teatro de Ames, que se celebrarán esta semana, e a estrea de Mobilizad@s por parte do grupo municipal de teatro.

Por primeira vez o Concello creou un grupo inclusivo de teatro formativo e lúdico durante o curso 2025-2026, que está formado por Salvador Figueira, Rodrigo Lema, Pilar Puga, María Ríos, Mari Carmen Prieto, María Xosé Saborido e Pilar Ortiz. Este novo proxecto enmárcase dentro da Escola municipal de teatro de Ames. Como peche de curso, o pasado xoves 4 de xuño, representaron na Casa da Cultura de Bertamiráns, o espectáculo A eclipse, unha obra que aborda a nostalxia da infancia e todas as sensacións desa etapa: os xogos, os libros, os bocadillos...

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a marabillosa interpretación destes actores e actrices, que incluso se permitiron a licenza de improvisar. Co gallo da eclipse solar que escurecerá Galicia o vindeiro mércores, 12 de agosto, o grupo abordou os seus desexos máis puros, sendo un deles volver vivir a infancia. A escena estivo construída coas vivencias persoais de todos e todas. 

Deste xeito, os alumnos e alumnas do grupo inclusivo da escola de teatro clausuraron este curso cunha función, que valeu de mostra de todos os conceptos teatrais que foron adquirindo durante todo o ano académico.

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, explica que se trata “dun proxecto que naceu para abrir camiños, para darlle unha oportunidade a cada persoa e dicirlle: ti tamén contas. Gracias á insistencia da concelleira de Benestar Social, Uxía García, ao interese e implicación de María Vázquez, técnica de Cultura, e ao bo traballo de Marta, a profesora do grupo, fomos capaces de desenvolver este proxecto e estrear este espectáculo que pon remate a esta tempada. Pero isto non remata aquí, porque a próxima tempada será aínda máis grande, máis diversa, máis nosa. Porque cando Ames aposta pola inclusión, Ames medra”.

Estrea de Mobilizad@s
Por outra banda, o pasado venres, 5 de xuño, o grupo municipal de teatro estreou o espectáculo Mobilizad@s na Casa da Cultura do Milladoiro. Trátase dunha comedia sobre as dificultades do mundo moderno: exposición pública, timos, presións nas redes... Unha reflexión cómica e paródica feita desde o escenario para tomarnos con moito humor os cambios dos novos tempos. O vindeiro venres, 12 de xuño, ás 20.30 horas, representarán este mesmo espectáculo na Casa da Cultura de Bertamiráns.  

Máis clausuras esta semana 
Durante esta semana iranse sucedendo o resto de peches dos grupos infantís e xuvenís. Este martes, 9 de xuño, ás 17.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, será a quenda do grupo infantil de 6º de infantil e 1º e 2º de primaria, que presentarán a peza Tufina, unha princesa pouco fina. Este mesmo día o grupo infantil de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria representará o espectáculo Un accidente inesperado, ás 20.00 horas; e o grupo xuvenil  de educación secundaria porá en escena ás 20.30 horas a obra teatral A máquina do tempo.

Doutra banda, o mércores 10 de xuño, as representacións terán lugar na Casa da Cultura do Milladoiro. Nesta xornada actuará ás 19.00 horas o grupo infantil de educación primaria que vai representar Unha historia de Carapuchiñas; e ás 20.00 horas será a quenda do grupo xuvenil de educación secundaria co espectáculo Historias dunha comisaría.

Ames aposta pola inclusión coa creación dun grupo inclusivo de teatro formativo e lúdico

Multimedia

  • Ames aposta pola inclusión coa creación dun grupo inclusivo de teatro formativo e lúdico