- Tematica
O Ames Pádel Center foi o escenario esta fin de semana do Máster Final Maex Pérez Varela, co que se puxo o broche de ouro á cuarta edición do circuíto Xacobeo Pádel Tour. Máis de 180 parellas déronse cita no noso municipio, a cifra máis alta de toda a tempada, convertendo a Ames no epicentro galego do pádel.
Con esta última proba, o circuíto alcanza un balance histórico: máis de 1.000 parellas participantes ao longo do ano e 15.000 euros repartidos en premios, consolidándose como un dos referentes deportivos en Galicia.
O torneo contou co respaldo de Turismo de Galicia, Xacobeo, Xunta de Galicia, o Concello de Ames, o Concello da Estrada e máis de 30 empresas colaboradoras, entre as que destacan BMW, Red Bull, Maex Pérez Varela, As Cancelas, La Galiciana, Milongas, Filmate, Dreamfit, La Fabulosa ou Centro Deportivo.
Ademais da competición deportiva, a semana incluíu actividades paralelas para xogadores e público: música do DJ Iván de MG Eventos e degustacións gastronómicas de marcas como La Fabulosa, Carrefour, Xearte Brigitte ou a IXP Ternera Gallega, que protagonizou a festa final cos seus tradicionais pepitos.
Parellas gañadoras por categorías
-Primeira masculina: Hugo Suárez – Rafa Alonso.
-Segunda masculina: Iker Blanco – Álex Alonso.
-Terceira masculina: Andrés Pérez – Diego García.
-Cuarta masculina: Rubén Maceira – Félix Rey.
-Segunda feminina: Cris Taboada – Bea Romero.
-Terceira feminina: Silvia Piñeiro – Inés Alvite.
-Cuarta feminina: Ana Domínguez – Nerea González.
-Segunda mixta: Dani Guzmán – Cris Taboada.
-Terceira mixta: Lorena Sevilla – Rodri Torrecilla.
-Cuarta mixta: Katia Garrido – Gorka Lasagabaster.
-Iniciación: María Belén Suárez – Eloy Viso.
As parellas gañadoras e subcampioas recibiron un welcome pack de Ternera Gallega e premios como ceas en restaurantes, tratamentos de beleza, lotes gastronómicos, noites de hotel e abonos para o Recorda Fest.
A entrega de premios contou coa presenza de Blas García, alcalde de Ames; Gastón Ariel, xerente do Ames Pádel Center; e Gonzalo Sotelo, director do circuíto.
Mirando ao futuro
O director do circuíto, Gonzalo Sotelo, avanzou que a quinta edición do Xacobeo Pádel Tour, prevista para 2026, traerá importantes novidades: novas sedes en distintas comarcas, incorporación de marcas e a inclusión de competicións innovadoras como probas por equipos, de veteranos e de menores.
O alcalde de Ames, Blas García, felicita á organización “polo éxito acadado e reafirma o noso compromiso con este tipo de iniciativas, que fomentan o deporte, dinamizan a vida social e sitúan o noso municipio como referente no ámbito deportivo galego”.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "La cuarta edición del Xacobeo Pádel Tour bajó el telón en Ames"






























